1 Coñécete a ti mesmo/a

Documentos relacionados
2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

Convocatoria ordinaria de 2012

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

Unidade didáctica. Doraemon e o Imperio Maia. Unha lección de cine. Festival de cinema en galego 2010

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

Unidade 4: Pneumática

Formación Profesional. Contrastes curriculares dos títulos da Familia Profesional de Hostalería e Turismo de Galicia e Portugal

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA NA NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL

GLÍCIDOS. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

ENTIDA D DE D S SEN ÁNIMO O DE D LU L C U R C O R 15/12/2015, A Coruña

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

ANEXO XI: Caracterνsticas especνficas dalgϊns programas de doutoramento ofertados no curso 2015/2016

Tecnoloxía industrial

psicoloxía clínica da saúde en galicia Tratamento dos transtornos somatomorfos desde a terapia familiar breve

CMUS Profesional de Viveiro

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS.

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

Programación 2º de EP MATEMÁTICAS

Créditos totais Créditos (**) 24(*)

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

COMO AFRONTAR CON ÉXITO UNHA ENTREVISTA DE SELECCIÓN

EDUCACIÓN INFANTIL ÁREA 1: O COÑECEMENTO E CONTROL DO SEU PROPIO CORPO. A AUTONOMÍA PERSOAL.

Acta da Comisión Permanente celebrada o 18 de novembro de 2011

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

CENTRO SOCIAL DE OLEIROS

Una empresa con vocación de servicio

PAU XUÑO 2014 TECNOLOXÍA INDUSTRIAL II

Seminarios de Formación Continua

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

CURSO EN MANTENIMIENTO DE INSTALACIONES CON RIESGO DE LEGIONELA

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

CRITERIOS DE EVALUACIÓN/CORRECCIÓN DE FÍSICA

INFORME DE LA ENCUESTA REALIZADA A TODO EL PERSONAL DE LA FACULTAD DE QUÍMICA CON LOS CURSOS DE FORMACIÓN DE LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS 2017 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA A PROVISIÓN, POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN LIBRE, DE DÚAS PRAZAS DE OPERARIO INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2010

As características técnicas e ambientais de ditos produtos son as seguintes:

Primaria Ciencias Naturais 3 Programación didáctica

Polígonos, perímetros e áreas

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

O 5 de Agosto de 2008 solicitase unha Xuntanza co Sr. Figueroa Vila para solicitar información sobre os campos de fútbol.

FACULTADE DE FILOLOXÍA

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB01. Código. Proba de. Debuxo técnico. Páxina 1 de 10

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

COÑECEMENTO DO MEDIO 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. A) Obxectivos xerais do curso e competencias (temporalizados por avaliacións).

REGAPE AUTOPROTECCIÓN. Plaforma web para la gestión de planes de autoprotección.

RSE. e formación continua

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teńen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.

Do 16 de ao 21 de abril

1.- UN EXEMPLO DE METACOGNICIÓN: A METÁFORA DA MESA.

ORDENANZA DE CREACIÓN, MODIFICACIÓN Y SUPRESIÓN DE FICHEROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

Tecnología para un mundo más accesible Tecnoloxía para un mundo máis accesible

DOCUMENTOS. Carta de Florencia-Xardíns Históricos. Preámbulo. Definición e obxectivos. ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e Sitios)

Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Social, Sentencia de 11 Sep. 2009, rec. 2050/2009

Prepara tu entrevista

Programación Cultural setembro - decembro 2009 Ourense

ANUARIO. Terapia Familiar Sistémica Andrés Cabero Álvarez Perdo A. Marina González. Constructivismos e psicoterapia Javier Manjón González

EL MUNDO DE SOFIA Gaarder, Jostein Siruela GUÍA DE LECTURA DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA

NOTICIA FECHA MEDIO LOGO XIC /9/ Minutos. 10/9/2013 Correo Gallego. 20/9/2013 El correo Gallego. 18/10/2013 Inversión y finanzas

GUÍA PARA A DETECCIÓN DO MALTRATO INFANTIL

INICIACIÓN A APPINVENTOR

EMPRESA FOC. Informe indicadores Xunta de Galicia Informe indicadores Xunta de Galicia

DOR CRÓNICA NON ONCOLÓXICA

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad

LA ENTREVISTA DE SELECCIÓN. Técnicas y Estrategias

O Software libre nasempresas informáticas de Galicia

Coordinación: Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria Subdirección Xeral de Planificación e Programación Asistencial

Javier Guerra Fernández Conselleiro de Economía e Industria

ESCOLA DE IDIOMAS ACTIVA: INNOVACIÓN E CALIDADE

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Información da Dirección Xeral de Saúde Pública. consellos de saúde para o verán. consejos de salud para el verano

1 de 5 10/10/26 16:47

Os sistemas operativos (S. O.)

A prol dun debate verbo da reforma da LOCE Repensar a educación. Xoves, 3 de marzo (Salón de Actos da Facultade de CC.EE. da USC en Compostela)

DATOS IDENTIFICATIVOS Obrigatoria Quinto 2º cuadrimestre

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Alegaciones al Informe Provisional de Seguimiento del Master Universitario en Estudios Medievales Europeos. Imágenes, textos y contextos.

I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE I. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

PREGUNTAS Y RESPUESTAS PARA EMPRESAS RESPONSABLES

Decreto 7/1999 que regula o funcionamento dos Centros Públicos Integrados artigo 24.g Orde do 15 de xuño do 2009,artigo 9 punto 4

Os efectos da declaración do concurso

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio CMPS003. Código. Proba de. Ciencias sociais. Páxina 1 de 10

PAU XUÑO 2013 DESEÑO

C e c i l i o C h a v e s

(Actualización a ) 1. MEDIDAS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL

Índice. uía de estilo para xornalistas

Galicia >> Voluntariado: nuevos retos, el mismo compromiso

Transcripción:

RECOMENDACIÓNS PARA PREPARAR A ENTREVISTA DE TRABALLO Para axudarche a preparares unha entrevista de traballo, propoñémosche que teñas en conta algunhas recomendacións para ANTES DA ENTREVISTA DURANTE A ENTREVISTA DESPOIS DA ENTREVISTA PREPÁRATE ANTES DA ENTREVISTA 1 Coñécete a ti mesmo/a Reflexiona sobre os seguintes puntos: Analiza a túa memoria profesional. Reflexiona e extrae conclusións sobre a túa formación académica, a formación complementaria, a experiencia profesional... que posúes. Reflexiona sobre as túas competencias profesionais e como podes aplicalas ao posto de traballo. Reflexiona sobre as túas motivacións e o teu obxectivo profesional. Existen tres preguntas imprescindibles que, como mínimo, terás que te facer: Cales son as miñas competencias? Por que solicitei este posto de traballo e que podo achegarlle á empresa? Que factores poden diferenciarme do resto das persoas candidatas?

2 Infórmate sobre a empresa e o posto de traballo Podes consultar en distintas fontes: O sitio web da empresa na Internet (este é un paso fundamental). Persoas coñecidas que traballan ou traballaron na empresa, referencias na prensa, directorios de empresas... Se é posible, responde as seguintes preguntas: A que sector pertence a empresa? Cales son as súas liñas de negocio? A quen pertence? Canto máis saibas da empresa máis posibilidades tes de axustar as túas Canta xente ten empregada? respostas ás súas necesidades. Cal é a súa estrutura? Que proxectos ten en marcha? Pensa que a técnica da entrevista se basea na comunicación interpersoal. Cal é a súa política de persoal? Cal é a cultura que inculca na xente que ten empregada? Quen selecciona: persoal de RRHH da empresa, unha consultora..? Infórmate sobre o posto de traballo a que optas: De que posto se trata? Cales son as funcións máis importantes? Cal sería o perfil ideal do posto, que competencias técnicas e persoais require? Sería un traballo en equipo ou en solitario? Con que profesionais se relacionaría? Para obter información: - Analiza polo miúdo o anuncio de emprego ou prácticas - Reflexiona sobre as competencias clave do/a profesional que garante o éxito no posto.

Reflexiona sobre como usas a información sobre a linguaxe non-verbal! 3 Coida as habilidades de comunicación Estrutura a información obtida da empresa e do posto de emprego ou de prácticas. Selecciona e organiza a información e os datos sobre tí extraídos da túa memoria profesional consonte a súa relevancia cara á empresa e o posto concreto. Practica unha presentación profesional oral (cunha duración dun minuto aproximadamente). Practica a expresión oral de datos máis concretos sobre a túa formación e experiencia profesional (sinalando as competencias máis salientables do teu perfil). Practica a argumentación. Utiliza unha linguaxe non excesivamente técnica. Isto dependerá de quen che faga a entrevista, pero normalmente é persoal de RRHH que non domina a xerga específica do posto. Practica a linguaxe non-verbal (a túa xestualidade): o ton de voz, a mirada, a expresión facial e a postura deben potenciar o que se di, non desmentilo.. Ten en conta que: A linguaxe non-verbal e as habilidades de comunicación en xeral son temas complexos que non poden ser abordados a curto prazo. Podes atopar tanto na Internet como en soporte papel infinidade de guías e cursos máis ou menos exhaustivos que che axudan a manexar a linguaxe non-verbal. Se proxectas a imaxe de ter estudadas ao pé da letra as ditas normas, prodúcese un efecto contrario ao desexado: a persoa que entrevista rexeita a túa candidatura por non seres natural, non demostrares a túa personalidade e resultares artificial.

4 Reflexiona sobre a túa imaxe Elixe o teu vestiario con anterioridade á entrevista, xa que evita os imprevistos: - Pensa que tes que te sentir cómodo/a. - Elixe un vestiario conforme á cultura da empresa. Pensa que, en certa maneira, ti representas a empresa no teu posto. - Polo xeral, a roupa formal é a que menos riscos entraña, mais ten en conta que isto dependerá da filosofía da empresa, da clientela a que se dirixa, das liñas de negocio que desenvolva, da imaxe que ten a xente que traballa nela etc. - Exemplo: en ocasións, dependendo do tipo de empresa, unha imaxe audaz forma parte do perfil ideal do posto. - Polo xeral, tanto as maquillaxes como os peiteados e os perfumes deben axudar a proxectares unha imaxe agradable e coidada, non teñen que chamar a atención por eles mesmos. 5 Practica a entrevista, prepara as preguntas habituais e adiántate a outras posibles preguntas tendo en conta o teu currículo e o perfil do posto. Podes acudir ao persoal de orientación laboral para simulares unha entrevista de selección. Podes simular a entrevista coas túas amizades, gravala e logo vela para teres conciencia do que fas ben e o que deberías mellorar. Ten en conta que proxectares unha imaxe natural, espontánea e sincera é a mellor tarxeta de presentación, de nada serve o adestramento para a entrevista se logo proxectas a imaxe de que aprendiches a lección de memoria. Existe un repertorio de preguntas típicas sobre a formación, a experiencia, as motivacións, os intereses, o obxectivo profesional que se persegue e, ocasionalmente, sobre o tempo de lecer, que acostuman formularse nas entrevistas de traballo. Cómpre que as coñezas e que reflexiones sobre elas.

PREGUNTAS HABITUAIS Sobre a túa formación e cualificación Por que elixiches a túa carreira? Por que escolliches a túa especialidade? Que opinas da túa carreira? Que cambiarías? Que materias che interesaban máis? Cal é o título do teu proxecto fin de carreira? Por que o elixiches? Que formación complementaria relacionada co posto tes feita? Por que a fixeches? Estarías disposto/a a te seguir formando? Que coñecementos tes de informática? Que coñecementos tes de idiomas? Onde os adquiriches? Que nivel acadaches? Que competencias profesionais adquiriches no curso XXX? Sobre a túa personalidade Cales son os teus puntos fortes e febles? Fálame de ti Fálame dunha situación problemática coa cal te atopases e sobre como a resolviches Con que clase de compañeiros/as che gusta traballar? Prefires traballar con xente ou en solitario? Dime que persoa é un modelo que seguir para ti Como conseguiches os traballos anteriores? Que persoas che resultan máis difíciles para traballar con elas? Aceptarías un compañeiro ou unha compañeira como xefe/a? Aceptarías ser xefe/a dos teus compañeiros ou compañeiras?

Sobre a túa motivación e expectativas Por que te presentas a esta oferta? Coñeces esta empresa? Que agardas deste posto? Que é o que máis e o que menos che resulta motivador deste posto? Dime que persoa é un modelo que seguir para ti Como te ves dentro de catro anos? Que lle achegarías a este posto? Cal é a dúbida principal que tes con relación a este traballo? Canto queres gañar? Outras Estás noutros procesos de selección? Por que cres que debo seleccionarte? Queres preguntar algo?

DURANTE A ENTREVISTA Poden terse en conta dous tipos de recomendacións sobre as habilidades de comunicación DURANTE a entrevista de traballo: 1- Os que están ditados pola lóxica, o respecto ás persoas e o coidado das formas, isto é, o saber estar, que convén asimilares canto antes por motivos obvios e non só para atopar traballo, senón para mantelo. Por exemplo: Mirar a persoa que entrevista aos ollos. Non falar mal dos/as antigos/as compañeiros/as ou do persoal directivo da anterior empresa. Adoitar unha postura corporal correcta. Amosar atención cunha escoita activa e asentir cando se entende o que está a dicir a persoa que selecciona. Non interromper a persoa entrevistadora cando fala. Amosar unha actitude de empatía e agradable, usar o sorriso. Saudar e despedirse correctamente. Acudir puntual á cita, uns minutos antes de comezar. Usar o tratamento de vostede. Non fumar, nin levar goma de mascar ou caramelos (tanto antes coma durante a entrevista). Non cruzar os brazos debaixo do peito. Non levar postas as gafas de sol. Apagar o teléfono móbil. Ir amañado/a, mais con discreción (diríxete ao punto seguinte, onde se detalla máis polo miúdo este tema). Actúa con tranquilidade e naturalidade. Pensa sempre antes de falar ou actuar. Non sexas negativo/a nin proxectes unha imaxe dubitativa: buscan xente segura de si. Non xesticules moito. Non xogues con obxectos. Responde exclusivamente o que che pregunten

2- Os consellos que lles afectan ás condutas menos superficiais como, por exemplo, aquelas asociadas a situacións de tensión. Para controlar estas condutas, é necesario un tratamento específico que pode necesitar máis ou menos tempo segundo a súa natureza e grao. Por exemplo: Os tics, o tatexar, a suor O bloqueo mental A xesticulación excesiva Outras respostas indesexables ante unha situación de tensión: ton de voz agresivo ou demasiado feble, actitude defensiva etc. DESPOIS DA ENTREVISTA Reflexiona sobre as preguntas que che formularon. Anótaas e trata de te acordar das túas respostas, de como te sentiches, as reaccións do/a entrevistador/a, etc. De cales das túas respostas estás máis satisfeito/a? De cales das túas respostas estás menos satisfeito/a? De teres a oportunidade de volver a contestar como sería a túa resposta? Cres que deixaches pasar algún dato interesante que de poñelo de relevo gañaría puntos a túa candidatura? Que obstáculos atopaches á hora de responder?