PROBA B (ORAL) Caderno dos examinadores

Documentos relacionados
2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS.

Comisión Galega de Bioética

Unidade 4: Pneumática

TEMA 1: A POBOACIÓN NO MUNDO

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Unidade didáctica. Doraemon e o Imperio Maia. Unha lección de cine. Festival de cinema en galego 2010

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

Una empresa con vocación de servicio

formativos de de grao grao superior CSPC003 Código Proba de Matemáticas Páxina 1 de 12

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

Os sistemas operativos (S. O.)

Acta da Comisión Permanente celebrada o 18 de novembro de 2011

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple

FOLLA DE IDENTIFICACIÓN DA PROBA ESCRITA

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

PAU XUÑO 2014 TECNOLOXÍA INDUSTRIAL II

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB03. Código. Proba de. Física. Páxina 1 de 11

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

RECOMENDACIÓNS XERAIS

Convocatoria ordinaria de 2012

GLÍCIDOS. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

PROCESO PARTICIPATIVO PARA UN NOVO CONVENIO CTAG (PNC CTAG)

ESCENARIO DE PRÁCTICAS Celebraranse as probas nas Pistas de Atletismo ao aire libre, de Elviña (A Coruña), e da Malata (Ferrol)

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

Cuestionario de Convivencia Preguntas frecuentes

REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR XXXI MEMORIAL ADOLFO ROS VOLTA Á RÍA

A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA NA NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Ofértanse un total de 603 prazas na modalidades de: Balnearios (opción todo incluído ) e a súa adxudicación efectúase nas xefaturas territoriais.

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB01. Código. Proba de. Debuxo técnico. Páxina 1 de 10

Tecnología para un mundo más accesible Tecnoloxía para un mundo máis accesible

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

CRITERIOS DE EVALUACIÓN/CORRECCIÓN DE FÍSICA

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Secretaría Xeral de Política Social 2014

Manual de CONDUCCIÓN EFICIENTE

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Conmemórase este ano 2015 o 120 aniversario da primeira exposición realizada por un novísimo

BUSCAR. MADURAR E AVALIAR IDEAS DE NEGOCIO

Cursos de conducción Económica

REGULAMENTO DE UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CERVO

Modelo de negocio: Como definir o meu produto/servizo? Módulo 4

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

ORGANISMO AUTÓNOMO MUNICIPAL DE CULTURA

Polígonos, perímetros e áreas

Cidade da Ciencia e a Innovación 2012 IX CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

REGULAMENTO PARA A DEFENSA DO TRABALLO FIN DE MÁSTER EN XESTIÓN DO PATRIMONIO ARTÍSTICO E ARQUITECTÓNICO, MUSEOS E MERCADO DA ARTE

Xornada Mundial da Xuventude

O MONTE DA MADROA (EL MONTE DE LA MADROA)

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

LA POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN COMPITE POR VEZ PRIMERA EN LOS 'VI JUEGOS EUROPEOS DE POLICÍAS Y BOMBEROS' QUE ARRANCAN MAÑANA EN HUELVA

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

ESCOLA DE IDIOMAS ACTIVA: INNOVACIÓN E CALIDADE

Direccion Xeral de Comercio. Consellería de Economía e Industria. Xunta de Galicia.

CURSOS DE ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICATIVA (CALC) PARA O PROFESORADO. CURSO

CMUS Profesional de Viveiro

XXIXª MILLA URBANA O BARCO DE VALDEORRAS

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

ENTIDA D DE D S SEN ÁNIMO O DE D LU L C U R C O R 15/12/2015, A Coruña

Múltiplos e divisores. Múltiplos e divisores. Obxectivos. Antes de comezar

Índice. uía de estilo para xornalistas

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

Consellería de Traballo e Benestar Departamento Territorial Ourense

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

Decreto 7/1999 que regula o funcionamento dos Centros Públicos Integrados artigo 24.g Orde do 15 de xuño do 2009,artigo 9 punto 4

Xian Estevez Ventosa SHISHA

CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS 2017 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Seminarios de Formación Continua

O Sol como fonte de calor

CATÁLOGO MATERIAL ELÉCTRICO Y ACCESORIOS

O Software libre nasempresas informáticas de Galicia

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO ADMINISTRACIÓN LOCAL A CORUÑA

Javier Guerra Fernández Conselleiro de Economía e Industria

Certificados de profesionalidade. Competencias clave. Competencia matemática Duración: unha hora. Proba escrita CM-N º apelido. 2º apelido.

NÚMERO 6.- PROPOSTA DO CONCELLEIRO DELEGADO DE MOBILIDADE RELATIVA Á APROBACIÓN DO PLAN DE MOBILIDADE URBANA SOSTIBLE.

ACTA Nº 2 DA MESA DE CONTRATACIÓN DO CONCELLO DE MUROS.

(Actualización a ) 1. MEDIDAS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL

DOCUMENTOS. Carta de Florencia-Xardíns Históricos. Preámbulo. Definición e obxectivos. ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e Sitios)

LINGUAS ESPAÑOLA NO ÁMBITO SOCIO-INSTITUCIONAL

1.- Unha empresa presenta uns custos fixos de 800 unidades monetarias. Ademais os custos variables para cada nivel de produción son os seguintes:

CENTRO SOCIAL DE OLEIROS

O PRAZO DE INSCRICIN REMATAR polo menos dous d $)A (* as antes do inicio da regata Entregarase bolsa de bocata o S $)A (" bado e o Domingo PROGR

MATEMÁTICAS 4º - OPCIÓN B REPASO

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEC02. Código. Proba de. Química. Páxina 1 de 12

INFORME DE LA ENCUESTA REALIZADA A TODO EL PERSONAL DE LA FACULTAD DE QUÍMICA CON LOS CURSOS DE FORMACIÓN DE LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Provincia de ourense. n.º 41 sábado, 20 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

FESTAS DA BARQUIÑA 2016

PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA A PROVISIÓN, POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN LIBRE, DE DÚAS PRAZAS DE OPERARIO INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2010

Transcripción:

(ORAL) Caderno dos examinadores C3-B-11

PARTE 1 (Texto escrito) A continuación, lea vostede este artigo sobre o emprego dos automóbiles. Tome as notas que precise. Na entrevista oral terá que: Resumir o texto. Realizar unha exposición. Conversar sobre o tema. Vivir e traballar sen coche é desexable... e posible O cálculo do gasto que supón chegar cada día ao lugar de traballo en coche implica ter en conta non só o desembolso en carburante, senón os custos de mantemento, os do seguro do vehículo e o diñeiro en peaxes e aparcadoiro. Saír pola porta da casa de luns a venres cara ao posto de traballo significa para moitas persoas saír tamén pola porta do coche, pola porta do taller, pola porta da oficina da aseguradora e, sobre todo, pola porta do banco. Tal e como revela a última Enquisa de Mobilidade elaborada polo Ministerio de Fomento en 2008, que contabilizou preto de 18 millóns de españois que se desprazan cada día ao seu posto de traballo, o coche é o medio utilizado por máis de 11 millóns, moi por riba da bicicleta (é a forma escollida por case 4 millóns de cidadáns). Os transportes públicos e o traxecto a pé son opcións minoritarias; tres millóns de usuarios viaxan en autobús, en tren ou nunha combinación dos dous, mentres que un millón chega a pé ao seu lugar de traballo. O automóbil é unha opción cómoda para moitos, rutineira para outros e cara para todos. Cada quilómetro percorrido no coche pode chegar a custarnos máis de 20 céntimos de euro, o que se traduce nun desembolso anual de case 5000 euros. Un prezo tan alto coma o que lle obrigamos a pagar ao medio: os vehículos por estrada son os responsables de máis da metade das emisións contaminantes que vertemos á atmosfera. Agora ben, o que non logrou a conciencia ecolóxica nin as diferentes iniciativas disuasorias de usar o coche, deseñadas por concellos e autoridades, conseguiuno a crise económica. O Real Automóbil Club de Cataluña (RACC) realizou un estudo nas principais cidades españolas para demostrar ata que punto os hábitos de mobilidade dos españois cambiaron coa crise. O 66 % dos condutores enquisados declaraba utilizar menos o seu coche ou a súa moto, mentres que un 44,7 % afirmaba usar máis os transportes públicos. A crise, xa que logo, confirma unha racionalización do comportamento do consumidor que lle fai repensar o diñeiro que gasta todos os meses en acudir ao traballo en coche. Reducir carburante e aforrar. Como reducir o consumo de carburante e aforrar diñeiro? Calculouse que a forma de conducir pode aumentar ou diminuír o consumo de combustible entre un 15 % e un 20 %: Planifique a ruta e elixa sempre o camiño menos conxestionado. Evite a sobrecarga do vehículo ocasionada polo exceso de peso e de obxectos inútiles no maleteiro. Por cada 100 kg de peso adicional, increméntase o consumo de carburante nun 5 %. Só o uso da baca aumenta o consumo de carburante entre un 2 % e un 35 %.

O uso do aire acondicionado incrementa ata un 20 % o consumo de carburante. É recomendable utilizalo con moderación. A sensación de benestar no coche conséguese cunha temperatura interior de arredor de 23-24 ºC. Non leve as ventás totalmente abertas cando conduza, pois incrementa o consumo de carburante nun 5 %. No seu lugar, pode utilizar a ventilación forzada do coche. Manteña a presión correcta e a aliñación dos pneumáticos. Unha presión de 0,3 bares por baixo do establecido polo fabricante incide nun sobreconsumo de aproximadamente un 3 %. Arranque o motor sen pisar o acelerador. Nos motores de gasolina convén iniciar a marcha inmediatamente despois da arrancada e nos de diésel recoméndase esperar uns segundos antes de comezar. En cidade, sempre que sexa posible, utilice a cuarta e quinta marchas. O coche consome menos carburante nas marchas longas e a baixas revolucións. Manteña a velocidade de condución o máis uniforme posible e, se é moderada, mellor. Un aumento de velocidade do 20 % (pasar por exemplo de 100 a 120 km/h) significa un aumento do 44 % no consumo (de 8 l/100 km a 11,5 l//100 km). Sempre que a velocidade e o espazo o permitan, deteña o coche sen reducir previamente de marcha. En paradas prolongadas (por riba de 60 segundos) convén apagar o motor. Texto adaptado da revista Eroski Consumer

PARTE 2 1. BENVIDA E PREGUNTAS DE CONTACTO PERSOAL 1-2 minutos aprox. Orientacións para o avaliador: esta parte NON é un interrogatorio e as preguntas NON se avalían. Trátase de que o candidato se sinta a gusto e de que se tranquilice, polo que cómpre evitar as preguntas que o poidan incomodar ou as que resulten molestas. Como se chama? A que se dedica? De onde é? Fale un pouco sobre a súa cidade/vila/aldea... Canto tempo leva estudando galego? Por que o estuda? Que lle gusta facer no tempo libre? Que afeccións ten? (Se procede) Que lle gusta máis da cultura galega? Que diferenzas atopa entre a cultura galega e a súa? 2. RESUMO 3 minutos aprox. Orientacións para o avaliador: o candidato ten que realizar un resumo do artigo. Nesta fase preténdese comprobar que o candidato entendeu o contido do texto. NON é unha proba de memoria e, polo tanto, non é relevante que non lembre detalles concretos. En caso de que quede en branco, ou de que o seu resumo resulte excesivamente breve, pódeselle axudar formulando algunha(s) das seguintes preguntas: Faga un resumo do contido do artigo. Que gastos se inclúen no cálculo total do uso do automóbil? Cales son os medios de transporte máis usados pola poboación? Que cambios está a provocar a crise neste É posible reducir gastos no uso do automóbil? Como? 3. EXPOSICIÓN 3-4 minutos aprox. Orientacións para o avaliador: o entrevistador escollerá unha das alternativas das que se propoñen e, a partir dela, diralle ao candidato que faga unha exposición de 2-3 minutos, na cal defenda o seu punto de vista ou argumente sobre ese tema. Daráselle 1 minuto para pensar ou organizar o seu discurso e indicaráselle o seu tempo aproximado de duración. É moi importante que se realice esta parte para que o candidato poida ser debidamente avaliado. Se o candidato tarda en iniciar a súa exposición, poderáselle axudar con preguntas do tipo: Que opina vostede sobre isto? Está de acordo? Parécelle necesario? Quere engadir algo máis? Se non a realiza, haberá que respectar un pouco o seu silencio para deixar en evidencia que non está cumprindo esta parte da tarefa, pero EN NINGÚN CASO se pasará inmediatamente ás preguntas de interacción da seguinte parte. Realice unha exposición acerca do seguinte enunciado: A. Ir cada día ao traballo sen usar o coche é posible e desexable. B. Cambiar os hábitos de consumo para mellorar a economía doméstica. C. O que non logrou a conciencia ecolóxica conseguiuno a crise económica.

4. INTERACCIÓN 4 minutos aprox. Orientacións para o avaliador: logo da exposición, establecerase un diálogo co candidato. A opción de preguntas que se lle dará ao candidato (A, B, C...) debe coincidir coa opción do enunciado do ítem anterior. Agora ben, estas preguntas NON consisten nun interrogatorio; son só suxestións e DEBEN ADECUARSE, na medida do posible, ao discurso do candidato. OPCIÓN A Ir cada día ao traballo sen usar o coche é posible e desexable. Que alternativas ao transporte privado coñece para acudir ao traballo? Cre que estas alternativas son sempre realistas ou hai lugares onde non existen outros xeitos de desprazarse? Que medio de transporte utiliza vostede? Por que? E a maioría da xente que coñece? Pensa que o transporte público está suficientemente desenvolvido? Cre vostede que os usuarios dos automóbiles coñecen e usan recursos para reducir o gasto? E vostede? Que medidas suxeriría para cambiar os hábitos de transporte? OPCIÓN B Cambiar os hábitos de consumo para mellorar a economía doméstica. Cre vostede que a xente cambiou os seus hábitos de consumo na economía doméstica a causa da situación económica actual? En que aspectos? En que ámbitos lle parece posible aforrar diñeiro? No consumo da auga, da calefacción, da luz, na compra? Por que? Que medidas suxeriría vostede para cambiar os hábitos de consumo co fin de aforrar cartos? Pensa vostede que, unha vez superada a crise, a xente seguirá usando medidas de control? Cre que a crise pode ter algunha consecuencia positiva? De que tipo? OPCIÓN C O que non logrou a conciencia ecolóxica conseguiuno a crise económica. Cre que esta afirmación sobre o cambio de hábitos por causa da crise é certa? Pensa que a poboación é consciente dos problemas ecolóxicos causados polo uso do transporte privado? Que medio de transporte utiliza vostede? E a maioría da xente que coñece? Cre vostede que non se buscan alternativas de transporte por cuestións de comodidade e rutina? Por que pensa que aínda que resulte caro hai moita xente que non renuncia a viaxar soa no seu coche? Cal cre que é o futuro do transporte público e do privado nos desprazamentos laborais?