LINGUA CASTELÁ E LITERATURA ( ) CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Documentos relacionados
GUÍA BREVE SOBRE LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA DE 2º DE BACHARELATO

Decreto 7/1999 que regula o funcionamento dos Centros Públicos Integrados artigo 24.g Orde do 15 de xuño do 2009,artigo 9 punto 4

LINGUA GALEGA 5º DE PRIMARIA. Unidade 1: Soños do mundo

CRITERIOS DE EVALUACIÓN DEL PRIMER CURSO

CURSO: 1º LENGUA Y LITERATURA

IES A XUNQUEIRA 1 PONTEVEDRA DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA

ETAPA SECUNDARIA. ÁREA/ MATERIA LENGUA Y LITERATURA ESPAÑOLAS. OBJETIVOS, CONTENIDOS Y CRITERIOS DE EVALUCIÓN

CURRÍCULO DE CONOCIMIENTO DEL LENGUAJE DE 2º ESO

De acuerdo con los objetivos y contenidos establecidos y teniendo en cuenta las directrices para las PAU, se fijan los siguientes:

INDICADORES Y CRITERIOS DE EVALUACIÓN. DEPARTAMENTO DE LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA.

RÚBRICA - LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA II 2.º BACHILLERATO

Marco teórico COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA:

CONCRECIÓN CURRICULAR INGLÉS CURSO: 1º DE LA ESO 5. RELACIÓN ENTRE LOS ELEMENTOS DE LA PROGRAMACIÓN

PRUEBA DE ACCESO A LAS ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE GRADO

7 Esp. U 2. L 18 Elaborar un plan textual, organizando los elementos para producir oralmente un texto narrativo. 7 Esp. U 2. L 19

4º ESO CRITERIOS DE EVALUACIÓN. Unidad 1. Unidad 2. Unidad 3. Unidad 4. Unidad 5

ANEXO III 2.º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

Programación da aula e rúbricas adaptadas á nova lexislación

LENGUA ESPAÑOLA Y LITERATURA. Objetivos

1. CONSIDERACIONES GENERALES

PLAN DE RECUPERACIÓN PARA LAS PRUEBAS EXTRAORDINARIAS DE SEPTIEMBRE, PARA EL ALUMNADO SUSPENDIDO O CON MATERIAS PENDIENTES DE LA ESO

EDUCACIÓN INFANTIL ÁREA 1: O COÑECEMENTO E CONTROL DO SEU PROPIO CORPO. A AUTONOMÍA PERSOAL.

Informe de la evaluación para padres

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

1º ESO LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA CONTENIDOS

Primaria Ciencias Naturais 3 Programación didáctica

I.E.S. OTERO PEDRAYO Localidade: Ourense PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

PRUEBA EXTRAORDINARIA DE SEPTIEMBRE LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA 1º ESO

VOCABULARIO II: "TALLER DE PALABRAS" Criterios de evaluación:

Secondary Spanish Curriculum Overview - Lengua

PLANES DE RECUPERACIÓN DE 1º ESO PARA SEPTIEMBRE - curso 2013/14 LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA

CRITERIOS DE EVALUACIÓN DEL DEPARTAMENTO DE LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA. IEES SEVERO OCHOA. CURSO

HOJA INFORMATIVA DE LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA DE 1º BACHILLERATO

CMUS Profesional de Viveiro

LITERATURA UNIVERSAL: 1º DE BACHILLERATO

INGLES NM3 3º EM. Unidad temáticas CONOCIMIENTOS BÁSICOS DEL PROFESOR

Conceptos. Comprensión auditiva y expresión oral Comprensión de lectura Escritura y producción de textos

Propósitos por Ciclos

CRITERIOS DE EVALUACIÓN

Convocatoria ordinaria de 2012

RÚBRICAS POR ÁREA Inglés para D. C.

PASO 1 INSTITUCIÒN EDUCATIVA VILLA DEL SOCORRO Componente o Área: Lengua Castellana

REFUERZO DE LA COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA Introducción La materia de Refuerzo de la Competencia en Comunicación Lingüística busca

PRIMERO DE BACHILLERATO

DEPARTAMENTO DE LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA

MÍNIMOS EXIGIBLES DE INGLÉS: 1º E.S.O.

NARRACIÓN, DESCRIPCIÓN, DIÁLOGO. LA ORACIÓN

IES Rafael Pérez Estrada Curso Dpto. de Lengua castellana y Literatura

Anno scolastico Programmazione curricolare di LENGUA CASTELLANA Classi QUARTE Ins. Valentina Gómez - Nekane Sánchez

Relacionados con los objetivos específicos de 2º de ESO, con competencias trabajadas y con la valoración.

MAPA DE RELACIONES CURRICULARES

LINGUAS ESPAÑOLA NO ÁMBITO SOCIO-INSTITUCIONAL

b) Criterios específicos de evaluación. Se evaluarán sobre los siguientes criterios:

Rocío Pérez Carmona Páginas de 2 a 3. Carmen Elena Martínez Páginas de 4 a 5. Resto de profesores Páginas 6 a 7

COLEGIO de la UNLPam ASIGNATURA: INGLES CURSO Y NIVEL: 6º AÑO CICLO ORIENTADO Nivel C DOCENTE: PROF. JORGELINA ELENA RODRIGUEZ

CONTENIDOS DIAGNÓSTICO DE ADMISIÓN 5º BÁSICO. - Género Lírico: Concepto y reconocimiento de elementos de forma y fondo. Comprensión de textos.

PROGRAMACIÓN ABREVIADA OBJETIVOS GENERALES DEL ÁREA PARA EL PRIMER CURSO DE ESO:

Seminarios de Formación Continua

Lengua Castellana y Literatura I y II

TEMARIO EXAMEN DIAGNÓSTICO INICIAL ADMISIÓN LENGUAJE

1. Trabajar en equipo profundizando en las estrategias propias del trabajo cooperativo.

OBJETIVOS CONTENIDOS ACTIVIDADES

Lengua extranjera Francés. 1 er CICLO BLOQUE DE CONTENIDO CONTENIDOS 1º CONTENIDOS 2º

IV. CRITERIOS DE CALIFICACIÓN Y EVALUACIÓN Primero y Tercero de ESO (incluida Ampliación de Lengua) (LOMCE)

COÑECEMENTO DO MEDIO 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. A) Obxectivos xerais do curso e competencias (temporalizados por avaliacións).

Tutorial de LibreOffice Impress Guía Didáctica

DEPARTAMENTO DE FILOLOGÍA. PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA CORTA de RECUPERACIÓN DE LENGUA CURSO

Dirección de Desarrollo Curricular Secretaría Académica

PROGRAMA DE RECUPERACIÓN PEDAGÓGICA

LENGUA Y LITERATURA. Para la recogida de información, se emplearán los siguientes instrumentos:

SOCIEDAD Y COMUNICACIÓN. Formación profesional básica I

PROCESO SELECTIVO 2010 ADMINISTRACIÓN DE EMPRESAS PROPUESTA DE CRITERIOS DE VALORACIÓN

PROCESO SELECTIVO CRITERIOS DE VALORACIÓN ESPECIALIDAD: AUDICIÓN Y LENGUAJE

VINCULACIÓN DE LAS COMPETENCIAS BÁSICAS CON LOS CRITERIOS DE EVALUACIÓN Y LOS CONTENIDOS MATERIA: CULTURA CLÁSICA CURSO: 3.

a: TD99_PLIEGO_TECNICO, b:

Departamento de Educación Gobierno de Navarra Plan institucional de mejora de la lectura.

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

Lenguaje y Comunicación Enseñanza Media

LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA 3º ESO

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

INSTITUCION EDUCATIVA SAN JOSE DE VENECIA

Grado de Historia: COMPETENCIAS

Lengua y Literatura I ESO

CONTENIDOS Y CRITERIOS DE EVALUACIÓN PARA EL ÁREA DE LENGUA Y LITERATURA EN SECUNDARIA (1er. CICLO)

ORIENTACIONES PARA LA PRUEBA DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRADO SUPERIOR. PARTE COMÚN: LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA

PROYECTO DE ORDEN A CONSEJO CONSULTIVO

VOCABULARIO I: "FAMILIA DE PALABRAS" Criterios de evaluación:

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

Universidad Autónoma del Estado de México

Programación 2º de EP MATEMÁTICAS

UNIVERSIDAD DE VILLANOVA CURSO AVANZADO DE COMPOSICIÓN Y CONVERSACIÓN (SPA 1131)

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

PROGRAMACIÓN LOMCE / LOE EDUCACIÓN FÍSICA

Se realizarán 10 preguntas, valoradas con un punto cada una.

NIVEL: 6º ÁREA: LENGUA CASTELLANA Y LITERATURA 1ºTRIMESTRE CONCRECIÓN DE LOS OBJETIVOS AL CURSO

GUÍA DEL CANDIDATO/A PARA LAS PRUEBAS EN

CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS 2017 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

Transcripción:

LINGUA CASTELÁ E LITERATURA (2015-2016) CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

GRADO MÍNIMO DE CONSECUCIÓN PARA SUPERAR A MATERIA (CURSOS LOMCE) PRIMEIRO DE ESO COMUNICACIÓN ORAL :ESCOITAR E FALAR -Recoñece e asume as regras de interacción, intervención e cortesía que regulan os intercambios comunicativos de carácter oral. - Intervén en actos comunicativos orais. -Valora a claridade expositiva. - Recoñece a importancia da linguaxe non verbal e do emprego de axudas audiovisuais en calquera tipo de discurso. -Dramatiza e improvisa situacións reais ou imaxinarias de comunicación. COMUNICACIÓN ESCRITA: LER E ESCRIBIR - Recoñece a idea principal e as ideas secundarias, comprendendo as relacións entre elas. -Entende instrucións escritas de certa complexidade que lle permiten desenvolverse en situacións da vida cotiá e nos procesos de aprendizaxe. -Interpreta a información dada en diagramas, gráficas, fotografías, mapas conceptuais, esquemas, etc. -Utiliza diversas fontes de información integrando os coñecementos adquiridos nos seus traballos. -Coñece e manexa habitualmente dicionarios impresos ou en versión dixital. -Coñece o funcionamento de bibliotecas (escolares, locais, etc.) e de bibliotecas dixitais. -Redacta borradores de escritura. -Escribe textos propios do ámbito persoal e familiar, escolar ou educativo e social, imitando textos modelo. -Escribe textos narrativos, descritivos e expositivos, imitando textos modelo. -Realiza esquemas e mapas, e explica por escrito o significado dos elementos visuais que poden aparecer nos textos. COÑECEMENTO DA LINGUA -Recoñece e entende o uso das categorías gramaticais nos textos. -Recoñece e corrixe erros ortográficos e gramaticais en textos propios e alleos, aplicando os coñecementos adquiridos. -Coñece e utiliza adecuadamente as formas verbais nas súas producións orais e escritas. -Utiliza fontes variadas de consulta en formatos diversos. -Usa con corrección os conectores textuais (de adición, contraste e explicación) e outros mecanismos básicos de cohesión. -Identifica as modalidades asertivas, interrogativas, exclamativas, desiderativas, dubitativas e imperativas en relación coa intención comunicativa do emisor. -Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evita estereotipos lingüísticos ou culturais, e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe. -Coñece e valora a diversidade lingüística do seu grupo, do centro docente e do seu ámbito social próximo. EDUCACIÓN LITERARIA -Le e comprende cun de autonomía obras literarias próximas aos seus gustos, ás súas afeccións, ao seu nivel e aos seus intereses.

-Fala na clase dos libros e comparte as súas impresións cos compañeiros e coas compañeiras. -Dramatiza fragmentos literarios breves desenvolvendo progresivamente a expresión corporal como manifestación de sentimentos e emocións, respectando as producións das demais persoas. -Redacta textos persoais de intención literaria a partir de modelos dados seguindo as convencións do xénero con intención lúdica e creativa. -Desenvolve o gusto pola escritura como instrumento de comunicación capaz de analizar e regular os seus propios sentimentos. TERCEIRO DE ESO COMUNICACIÓN ORAL: ESCOITAR E FALAR. -Comprende o sentido global de textos publicitarios, informativos e de opinión procedentes dos medios de comunicación, distinguindo a información da persuasión na publicidade e a información da opinión en noticias, reportaxes, etc. -Resume textos, de forma oral, recollendo as ideas principais e integrándoas con claridade en oracións que se relacionen loxicamente e semanticamente. -Interpreta e valora aspectos concretos do contido e da estrutura de textos narrativos, descritivos, expositivos, argumentativos e instrutivos. -Escoita, observa e explica o sentido global de debates, coloquios e conversas espontáneas identificando a información salientable, determinando o tema e recoñecendo a intención comunicativa e a postura de cada participante. -Identifica as diferenzas formais e de contido que regulan os intercambios comunicativos formais e os intercambios comunicativos espontáneos. -Recoñece a importancia dos aspectos prosódicos, da linguaxe non verbal, da xestión de tempos e do emprego de axudas audiovisuais en calquera tipo de discurso. -Realiza presentacións orais. -Organiza o contido e elabora guións previos á intervención oral formal. -Incorpora progresivamente palabras propias do nivel formal da lingua nas súas prácticas orais. -Pronuncia con corrección e claridade. -Avalía as producións propias e alleas, mellorando progresivamente as súas prácticas discursivas. -Participa en debates e coloquios escolares respectando as regras de interacción, intervención e cortesía que os regulan, manifestando as súas opinións e respectando as opinións das demais persoas. COMUNICACIÓN ESCRITA: LER E ESCRIBIR -Avalía o seu proceso de comprensión de lectura usando fichas sinxelas de autoavaliación. -Recoñece e expresa o tema e a intención comunicativa de textos escritos propios do ámbito persoal e familiar, educativo ou escolar, e social (medios de comunicación). -Identifica e expresa as posturas de acordo e desacordo sobre aspectos parciais ou globais dun texto. -Elabora a súa propia interpretación sobre o significado dun texto. -Respecta as opinións das demais persoas. -Utiliza diversas fontes de información, e integra os coñecementos adquiridos nos seus discursos orais ou escritos. -Reescribe textos propios aplicando as propostas de mellora e axustándose ás normas ortográficas e gramaticais que permiten unha comunicación fluída. -Escribe textos argumentativos, incorporando diversos tipos de argumento, imitando textos modelo. -Utiliza variados organizadores textuais nas exposicións e nas argumentacións. -Resume textos, evitando parafrasear o texto resumido. -Produce textos diversos. -Utiliza nos seus escritos, conscientemente, palabras propias do nivel formal da lingua. -Valora e incorpora progresivamente unha actitude creativa ante a escritura.

-Coñece e utiliza ferramentas das tecnoloxías da información e da comunicación. COÑECEMENTO DA LINGUA -Recoñece e explica o uso das categorías gramaticais nos textos. -Recoñece e corrixe erros ortográficos e gramaticais en textos propios e alleos, aplicando os coñecementos adquiridos para mellorar a produción de textos nas súas producións orais, escritas e audiovisuais. -Recoñece e explica os elementos constitutivos da palabra (raíz e afixos). -Explica os procedementos de formación de palabras, distinguindo as compostas, as derivadas, as siglas e os acrónimos. - Identifica os grupos de palabras en frases e textos, diferenciando a palabra nuclear do resto de palabras que o forman, e explica o seu funcionamento no marco da oración simple. -Recoñece e explica nos textos o funcionamento sintáctico do verbo a partir do seu significado. -Recoñece e explica nos textos os elementos constitutivos da oración simple, diferenciando suxeito e predicado e interpretando a presenza ou a ausencia do suxeito como unha marca da actitude, obxectiva ou subxectiva, do emisor. -Transforma oracións activas en pasivas e viceversa, e explica os papeis semánticos do suxeito (axente, paciente e causa). -Recoñece, usa e explica diferentes procedementos de cohesión textual. -Identifica estruturas textuais (narración, descrición, explicación e diálogo) e explica os mecanismos lingüísticos que as diferencian. -Localiza nun mapa as linguas de España e explica algunha das súas características diferenciais, comparando varios textos. -Recoñece as variedades xeográficas do castelán dentro e fóra de España. 9- Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas, obras de teatro, etc.). EDUCACIÓN LITERARIA -Valora algunha das obras de lectura libre, resumindo o contido, explicando os aspectos que máis chamaron a súa atención e o que a lectura lle achegou como experiencia persoal. -Desenvolve progresivamente o seu propio criterio estético para achegarse álectura comom placer. -Fala na clase dos libros e comparte as súas impresións cos/coas compañeiros/as. -Traballa en equipo determinados aspectos das lecturas propostas ou seleccionadas polo alumnado, investigando e experimentando de forma progresivamente autónoma. -Le e comprende unha selección de textos literarios, en versión orixinal ou adaptados, e representativos da literatura da Idade Media ao Século de Ouro, identificando o tema e resumindo o seu contido. -Redacta textos persoais de intención literaria a partir de modelos dados seguindo as convencións do xénero, con intención lúdica e creativa. -Desenvolve o gusto pola escritura como instrumento de comunicación capaz de analizar e regular os seus propios sentimentos. -Achega nos seus traballos escritos ou orais conclusións e puntos de vista persoais e críticos sobre as obras literarias estudadas, expresándose con claridade e coherencia. -Utiliza recursos variados das tecnoloxías da información e da comunicación para a realización dos seus traballos educativos. PRIMEIRO DE BACHARELATO COMUNICACIÓN ORAL -Realiza exposicións orais sobre temas especializados, consultando fontes de información diversa, utilizando as tecnoloxías da información e seguindo unha orde previamente establecida.

-Exprésase oralmente con fluidez, coa entoación, o ton, timbre e a velocidade adecuados ás condicións da situación comunicativa. - Axusta a súa expresión verbal ás condicións da situación comunicativa (tema, ámbito discursivo, tipo de destinatario, etc.). -Avalía as súas propias presentacións orais e as dos/das seus/súas compañeiros/as e detecta as dificultades estruturais e expresivas, e intenta mellorar as súas prácticas orais e progresar na aprendizaxe autónoma. -Sintetiza por escrito textos orais de carácter expositivo, de temas especializados e propios do ámbito educativo, discriminando a información relevante. -Escoita de xeito activo, toma notas e suscita preguntas coa intención de aclarar ideas que non comprendeu nunha exposición oral. -Recoñece os trazos propios dos principais xéneros informativos e de opinión procedentes dos medios de comunicación social. -Analiza os recursos verbais e non verbais utilizados polo emisor dun texto xornalístico oral ou audiovisual, valorando de forma crítica a súa forma e o seu contido. COMUNICACIÓN ESCRITA: LER E ESCRIBIR. -Desenvolve por escrito un tema do currículo con claridade e corrección ortográfica e gramatical. -Axusta a súa expresión verbal ás condicións da situación comunicativa (tema, ámbito discursivo, tipo de destinatario, etc.), empregando un léxico adecuado e evitando o uso de coloquialismos e palabras comodín. -Avalía as súas propias producións escritas e as dos/das seus/súas compañeiros/as. -Comprende textos escritos de carácter expositivo de tema especializado, propios do ámbito educativo ou de divulgación científica e cultural, e identifica o tema e a estrutura. -Sintetiza textos de carácter expositivo, de tema especializado, propios do ámbito educativo, distinguindo as ideas principais e secundarias. -Analiza os recursos verbais e non verbais presentes nun texto expositivo de tema especializado e valóraos en función dos elementos da situación comunicativa (intención comunicativa do/da autor/a, tema e xénero textual). -Resume o contido de textos xornalísticos escritos informativos e de opinión, discriminando a información relevante, recoñecendo o tema e a estrutura do texto, e valorando de forma crítica a súa forma e o seu contido. -Interpreta diversos anuncios impresos identificando a información e a persuasión, recoñecendo os elementos que utiliza o emisor para seducir o receptor. -Realiza traballos de investigación planificando a súa realización. -Utiliza as tecnoloxías da información e da comunicación para documentarse, consultando fontes diversas e avaliando, contrastando, seleccionando e organizando a información relevante mediante fichas-resumo. -Respecta as normas de presentación de traballos escritos (organización en epígrafes, procedementos de cita, notas a pé de páxina e bibliografía). -Utiliza as tecnoloxías da información e da comunicación para a realización, a avaliación e a mellora de textos escritos propios e alleos. COÑECEMENTO DA LINGUA -Revisa e mellora textos orais e escritos propios e alleos, recoñecendo e explicando incorreccións de concordancia, réxime verbal, ambigüidades semánticas, etc. -Utiliza a terminoloxía gramatical adecuada para a explicación lingüística dos textos. -Identifica e explica os usos e valores do substantivo nun texto, en relación coa intención comunicativa do emisor e a tipoloxía textual seleccionada. -Identifica e explica os usos e os valores do adxectivo nun texto, en relación coa intención comunicativa do emisor e a tipoloxía textual seleccionada. -Identifica e explica os usos e valores do verbo nun texto, en relación coa intención comunicativa do emisor e a tipoloxía textual seleccionada.

-Identifica e explica os usos e valores dos pronomes nun texto, en relación coa intención comunicativa do emisor e a tipoloxía textual seleccionada -Identifica e explica os usos e valores do artigo determinado e do indeterminado, e de calquera tipo de determinantes, en relación coa súa presenza ou ausencia,coa intención comunicativa do emisor e a tipoloxía textual seleccionada. -Recoñece a estrutura sintáctica da oración simple, explicando a relación entre os grupos de palabras. -Recoñece as oracións activas, pasivas, impersoais e medias, contrastando as diferenzas entre elas en función da intención comunicativa do texto en que aparecen. -Recoñece e explica o funcionamento das oracións subordinadas substantivas en relación co verbo da oración principal. -Recoñece e explica o funcionamento das oracións subordinadas de relativo, identificando o antecedente que modifican. -Recoñece e explica os trazos estruturais e lingüísticos dos textos narrativos, descritivos, expositivos e argumentativos. -Analiza os trazos formais dun texto nos planos morfosintáctico, léxico-semántico e pragmáticotextual. -Incorpora os procedementos de cohesión textual na súa propia produción oral e escrita. -Valora os recursos expresivos empregados polo emisor dun texto en función da súa intención comunicativa, diferenciando e explicando as marcas de obxectividade e de subxectividade. -Coñece e consulta fontes de información impresa ou dixital para resolver dúbidas sobre o uso correcto da lingua e para avanzar na aprendizaxe autónoma. -Explica a orixe e a evolución das linguas de España, así como as súas principais variedades dialectais, e valora a diversidade lingüística como parte do noso patrimonio cultural. -Selecciona o léxico e as expresións adecuadas en contextos comunicativos que esixen un uso formal da lingua, evitando o uso de coloquialismos, imprecisións ou expresións clixé. -Explica, identifica e rexeita os estereotipos lingüísticos que supoñen unha valoración pexorativa cara ás persoas usuarias da lingua. -Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe. EDUCACIÓN LITERARIA -Le e analiza fragmentos e obras significativas desde a Idade Media ao século XIX. -Identifica as características temáticas e formais en relación co contexto, o movemento e o xénero. -Compara textos de diferentes épocas e constata a evolución de temas e formas. -Detecta as ideas que manifestan a relación da obra co seu contexto histórico, artístico e cultural. -Elabora traballos de investigación escritos ou presentacións sobre temas, obras ou autores/as da literatura desde a Idade Media ata o século XIX. -Obtén a información de fontes diversas. -Argumenta o seu propio xuízo crítico. LITERATURA UNIVERSAL (1ºBACH) PROCESOS E ESTRATEXIAS -Le fragmentos significativos ou textos completos de obras da literatura universal, identificando elementos que chegaron a converterse en puntos de referencia da cultura universal. -Interpreta obras ou fragmentos representativos de distintas épocas, situándoas no seu contexto histórico, social e cultural, e recoñecendo as características do xénero e do movemento en que se inscriben, así como os trazos máis salientables do estilo literario. -Establece relacións significativas entre a literatura e o resto das artes, valorando de xeito crítico algunhas obras ou fragmentos significativos adaptados a outras manifestacións artísticas, analizando

as relacións, as similitudes e as diferenzas entre diferentes linguaxes expresivas. -Comenta textos literarios de diferentes épocas e describe a evolución de determinados temas e formas creados pola literatura. -Recoñece o valor permanente destes temas e formas da literatura noutras manifestacións artísticas da cultura universal. -Compara textos literarios da literatura universal e textos das literaturas galega e española da mesma época, e recoñece as influencias mutuas e o mantemento de determinados temas e formas. OS GRANDES PERÍODOS E MOVEMENTOS DA LITERATURA UNIVERSAL -Le e analiza textos literarios universais de distintas épocas, interpretando o seu contido de acordo cos coñecementos adquiridos sobre temas e formas literarias, así como sobre períodos e autores/as significativos/as. -Realiza traballos críticos sobre unha obra lida na súa integridade, relacionándoa co seu contexto histórico, social e literario e, de ser o caso, co significado e a relevancia do/da autor/a na época ou na historia da literatura, e consultando fontes de información diversas. -Realiza presentacións orais ou escritas planificadas integrando coñecementos literarios e lectura, cunha correcta estruturación do contido, argumentación coherente e clara das propias opinións. -Consulta e cita fontes que integra nos seus traballos,selecciona a información relevante e utiliza o rexistro apropiado e a terminoloxía literaria necesaria. -Valora oralmente ou por escrito unha obra literaria. MÍNIMOS ESIXIBLES PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA (CURSOS LOE) SEGUNDO DE ESO BLOQUE I. FALAR, ESCOITAR E CONVERSAR. -Captar a intención comunicativa e as ideas principal e secundarias dos textos orais próximos ao alumnado. -Seguir instrucións para a realización autónoma de tarefas -Realizar exposicións orais sinxelas sobre temas próximos ao contorno do alumnado, claras, estruturadas e coa axuda de medios audiovisuais e das tecnoloxías da información e da comunicación. -Identificar en textos orais a presenza dun uso sexista da linguaxe ou de usos discriminatorios sobre colectivos ou culturas distintas. BLOQUE II. LER E ESCRIBIR. -Comprender a intención comunicativa en textos escritos próximos á experiencia do alumnado. -Captar a relación entre a idea principal e as secundarias nun texto escrito, próximo á experiencia do alumnado. -Narrar, expoñer, resumir, explicar e comentar usando o rexistro adecuado, tanto en soporte impreso como dixital, con claridade, e respectando as normas ortográficas e tipográficas. -Identificar en textos escritos a presenza dun uso discriminatorio da linguaxe. BLOQUE III.EDUCACIÓN LITERARIA -Expoñer unha opinión persoal sobre a lectura dunha obra completa axeitada á idade do alumnado. -Recoñecer a estrutura e os elementos característicos do xénero.

-Diferenciar contido literal e sentido da obra e relacionar o contido coa propia experiencia. -Compoñer textos, en soporte papel ou dixital, tomando como modelo textos literarios. BLOQUE IV.COÑECEMENTO DA LINGUA. -Aplicar o coñecemento da lingua e as normas do uso lingüístico para resolver problemas de comprensión de textos orais e escritos. -Aplicar os coñecementos sobre lingua para a composición dos textos propios do curso. -Coñecer unha terminoloxía básica nas actividades de reflexión sobre o uso lingüístico. CUARTO DE ESO BLOQUE I. ESCOITAR, FALAR E CONVERSAR. -Comprender a intención comunicativa de textos orais no ámbito escolar ou nos medios de comunicación. -Diferenciar idea principal de ideas secundarias, distinguir a información relevante e as teses e argumentos en textos orais, ben procedentes dos medios de comunicación, ben procedentes do ámbito académico. -Realizar exposicións orais ben estruturadas sobre temas do seu interese, sobre temas académicos, de actualidade...valorándose o emprego de apoios como medios audiovisuais e as TIC. BLOQUE II. LER E ESCRIBIR -Comprender a intención comunicativa de textos escritos nos medios de comunicación. Identificar temas, estrutura... e valorar os procedementos lingüísticos usados en relación co significado do texto -Expoñer, argumentar, resumir e comentar, en soporte papel ou dixital, con claridade e coherencia, respectando as normas gramaticais e ortográficas, empregando o rexistro adecuado... e valorando positivamente a necesidade de planificar e revisar os textos. -Expoñer unha opinión argumentada sobre a lectura completa de obras dende o século XIX ata a actualidade. BLOQUE III. EDUCACIÓN LITERARIA -Analizar unha obra completa, con espírito crítico, valorando as características do seu xénero, e relacionando o seu significado co contexto no que xorde. -Comentar textos breves ou fragmentos aplicando os coñecementos literarios. -Comprender as innovacións desenvolvidas polos distintos estilos estudados e valorar o seu papel na creación literaria -Realizar traballos de síntese ou recreación nos que quede de manifesto a comprensión do feito literario. -Identificar os autores máis significativos dos períodos estudados, situalos no contexto que lles corresponde. -Aplicar os coñecementos técnicos para desenvolver a súa capacidade de creación, a partir dunhas directrices dadas. BLOQUE IV. COÑECEMENTO DA LINGUA -Identificar e valorar, en textos orais e escritos, a presenza dun uso discriminatorio da linguaxe, e propoñer outras formas que eliminen a discriminación. -Aplicar os coñecementos sobre lingua e as normas de uso para resolver problemas de comprensión e composición de textos propios. -Coñecer e usar a terminoloxía axeitada na reflexión sobre o uso lingüístico.

SEGUNDO CURSO DE BACHARELATO -Interpretar o texto ou discurso como unidade comunicativa e de intercambio de información. -Producir textos orais e escritos de certa complexidade e identificar neles as propiedades textuais e os procedementos discursivos de coherencia, cohesión e adecuación. -Clasificar textos de diferente tipoloxía ou modalidade textual. -Identificar o tema, a estrutura e as características lingüísticas de textos dialogados, argumentativos, de carácter académico e dos medios de comunicación. -Realizacións de comentarios críticos orais e escritos- relacionados con algún contido do currículo ou con temas de actualidade, seguindo un esquema previamente preparado, no que se apliquen os coñecementos sobre as características dos textos argumentativos. -Comprender o texto literario como expresión comunicativa e estética de distintas épocas, de detransmisión cultural, reflexo dunha realidade histórica, social e individual, e como uso da lingua que comprende as competencias básicas. -Interpretar e comentar de forma crítica o contido de obras literarias e fragmentos representativos de distintas épocas literarias. -Analizar textos dos diferentes xéneros literarios, poñendo de manifesto o coñecemento das características da linguaxe da cada unha desas formas. -Realizar traballos críticos sobre a lectura de obras significativas. -Empregar unha linguaxe correcta tanto a nivel oral como escrito-, recoñecendo e corrixindo os desvíos da norma. -Analizar morfolóxica e sintacticamente, distinguindo a estrutura e a clase das palabras e as diferentes relacións existentes nas oracións. -Ser consciente da relación entre o coñecemento da lingua e o uso correcto da mesma. LITERATURA UNIVERSAL (2ºBACH.) -Ler as obras de lectura obrigatoria. -Facer comentarios das obras completas de lectura obrigatoria e de fragmentos de obras significativas da Literatura universal. -Establecer relacións entre obras literarias e outras manifestacións artísticas. -Realizar traballos que mostren esas relacións. -Coñecer os principais representantes e obras da literatura universal e situalos no contexto correspondente (tanto no tempo como no espazo) -Coñecer as características xerais dos movementos artísticos,os trazos comúns e os seus matices diferenciais nas distintas literaturas do mundo. -Expresarse con corrección e coherencia na elaboración dos diferentes tipos de traballo.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN Con carácter xeral, debe sinalarse o seguinte: - A non ser que se indique o contrario, as lecturas serán obrigatorias e condición sine qua non en todos os cursos. - Realizarase un exame, como mínimo, en cada unha das tres avaliacións. - A avaliación será continua en todos os cursos. PRIMEIRO E SEGUNDO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA A nota será a media ponderada resultante tras a aplicación das seguintes porcentaxes -Comprensión e expresión oral (a través da participación en clase e exposicións sobre temas diversos, tanto académicos como extra-académicos): 10% -Comprensión de textos escritos de diversa índole( a través da lectura de textos propostos pola profesora e de textos suxeridos mediante un listado de títulos axeitados á súa idade ): 20% - Expresión escrita( desenvolvida a través de diferentes tipos de textos, como parte da actividade diaria reflectida no caderno, e a través dos diferentes exames ou controis realizados ao longo do curso): 30% - Coñecemento teórico da lingua(reflectido a través de exercicios de clase e das probas que se organicen para a súa valoración): 20% -Actitude e nivel de traballo (traer o material, as tarefas realizadas...): 20% Para aplicarse as porcentaxes anteriormente indicadas, será imprescindible que non se abandonen un ou parte dos apartados anteriores. TERCEIRO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA A nota será a media ponderada resultante tras a aplicación das seguintes porcentaxes: -Proba escrita sobre os contidos: 40% - Traballo de aula (revisión de caderno): 30% - Lectura: 20% -Actitude ante a materia (cumplimento das pautas dadas,material...): 10% Para aplicarse as porcentaxes anteriormente indicadas será imprescindible que non se abandone ningún dos bloques desenvolvidos na materia. Terase en conta á hora da cualificación a correcta expresión escrita, que pode restar ata 2 puntos.

CUARTO EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA A nota será a media ponderada resultante tras a aplicación das seguintes porcentaxes: -Proba escrita sobre os contidos: 60% - Proba escrita ou traballo dos libros: 20% - Actitude ante a materia ( participación activa no desenvolvemento da clase, exposicións...): 20% Para aplicarse as porcentaxes anteriormente indicadas será imprescindible que non se abandone ningún dos bloques desenvolvidos na materia. Terase en conta á hora da cualificación a correcta expresión escrita, que pode restar ata 2 puntos. CUARTO CURSO DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR A nota será a media ponderada resultante tras a aplicación das seguintes porcentaxes: -Probas escritas e orais: 40% - Realización correcta dos exercicios e tarefas, traballos : 30% -Probas sobre lecturas obrigatorias : 10% - Interese, participación, asistencia: 10% -Caderno: 10% PRIMEIRO E SEGUNDO DE BACHARELATO A nota será a media ponderada resultante trala aplicación das seguintes porcentaxes: -Probas obxectivas: 70% -Lecturas obrigatorias: 20% - Actitude ante a materia (traballo e participación): 10% Para aplicarse as porcentaxes anteriormente expostas será imprescindible que non se abandonaran.ningún dos bloques nos que se organiza a materia. Terase en conta á hora da cualificación a correcta expresión escrita, podendo restarse da nota ata 2 puntos. LITERATURA UNIVERSAL A nota será a media ponderada resultante trala aplicación das seguintes porcentaxes: -Traballo en clase (comentarios, resumes e esquemas, expresión oral e escrita): 30% -Probas obxectivas: 40% - Lectura e estudio das obras de lectura obrigatoria: 30% A lectura voluntaria de obras seleccionadas polo alumnado a partir dunha lista de obras recomendadas, suporá +0,5 puntos na nota final por cada obra lida.

Para aplicar as porcentaxes anteriormente expostas será imprescindible que no se abandonasen ningún dos apartados nos que se organiza a materia. Terase en conta á hora da cualificación a correcta expresión escrita.