TEMA 8: OS ESPAZOS DA ACTIVIDADE PESQUEIRA

Documentos relacionados
LA ACTIVIDAD PESQUERA EN ESPAÑA

LA ACTIVIDAD PESQUERA ESPAÑOLA

14. LA ACTIVIDAD PESQUERA EN ESPAÑA.

TEMA 14. LA ACTIVIDAD PESQUERA EN ESPAÑA.

1.3 Factores físicos: caladeros.

ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

O Software libre nasempresas informáticas de Galicia

GLÍCIDOS. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

Unidade 4: Pneumática

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

1. La actividad pesquera.

Convocatoria ordinaria de 2012

ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS.

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

LA POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN COMPITE POR VEZ PRIMERA EN LOS 'VI JUEGOS EUROPEOS DE POLICÍAS Y BOMBEROS' QUE ARRANCAN MAÑANA EN HUELVA

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

Conmemórase este ano 2015 o 120 aniversario da primeira exposición realizada por un novísimo

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB03. Código. Proba de. Física. Páxina 1 de 11

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio CMPS003. Código. Proba de. Ciencias sociais. Páxina 1 de 10

Una empresa con vocación de servicio

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

CRITERIOS DE EVALUACIÓN/CORRECCIÓN DE FÍSICA

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEC03. Código. Proba de. Bioloxía. Páxina 1 de 9

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB01. Código. Proba de. Debuxo técnico. Páxina 1 de 9

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB01. Código. Proba de. Debuxo técnico. Páxina 1 de 10

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teńen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.

REGAPE AUTOPROTECCIÓN. Plaforma web para la gestión de planes de autoprotección.

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

CMUS Profesional de Viveiro

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

CURSO DE MEDIACIÓN FAMILIAR, E INTRODUCIÓN Á MEDIACIÓN PENAL E PENITENCIARIA

Evolución Precios Minoristas

Comparativa da Formación en Prevención de Riscos Laborais a Nivel Europeo

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEC02. Código. Proba de. Química. Páxina 1 de 12

Xian Estevez Ventosa SHISHA

EMPRESA FOC. Informe indicadores Xunta de Galicia Informe indicadores Xunta de Galicia

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA NA NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL

AVANCES Y MEDIDAS ADOPTADAS POR MÉXICO EN EL MARCO DE LA IMPLEMENTACIÓN DE LOS PRINCIPALES PÁRRAFOS DE LAS RESOLUCIONES 64/72 Y 66/68

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

Seminarios de Formación Continua

MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACION Y MEDIO AMBIENTE

Provincia de ourense. n.º 41 sábado, 20 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

9. LOS RECURSOS MARINOS.

ENERXÍA HIDRAÚLICA. COMPOÑENTES DUNHA CENTRAL HIDROELÉCTRICA

formativos de de grao grao superior CSPC003 Código Proba de Matemáticas Páxina 1 de 12

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

Programación Cultural setembro - decembro 2009 Ourense

PROPUESTA DE REGIONALIZACIÓN DE LAS AGUAS JURISDICCIONALES ESPAÑOLAS (SUBDIVISIONES)

El tejido productivo de Galiza

DOCUMENTOS. Carta de Florencia-Xardíns Históricos. Preámbulo. Definición e obxectivos. ICOMOS (Consello Internacional de Monumentos e Sitios)

VI XORNADAS MARTÍN SARMIENTO

INTERCAMBIOS COMERCIALES DE PRODUCTOS PESQUEROS ESPAÑA - PERÚ

Non á incineración de residuos

Ciencias da terra e ambientais

1.- Unha empresa presenta uns custos fixos de 800 unidades monetarias. Ademais os custos variables para cada nivel de produción son os seguintes:

Os sistemas operativos (S. O.)

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

MODELO DE DECLARACIÓN SOBRE CAUSAS DE POSIBLE INCOMPATIBILIDADE E ACTIVIDADES SUSCEPTIBLES DE PRODUCIR INGRESOS ECONÓMICOS

Información da Dirección Xeral de Saúde Pública. consellos de saúde para o verán. consejos de salud para el verano

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

INTERCAMBIOS COMERCIALES DE PRODUCTOS PESQUEROS

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

ACTA DE LA SESION EXTRAORDINARIA URGENTE CELEBRADA POR EL PLENO DEL AYUNTAMIENTO EL DIA VEINTE DE SEPTIEMBRE DE MIL NOVECIENTOS NOVENTA Y UNO.

PREGUNTAS Y RESPUESTAS PARA EMPRESAS RESPONSABLES

XXIXª MILLA URBANA O BARCO DE VALDEORRAS

Ficha de Gestión de Stocks ESPAÑA

ORGANISMO AUTÓNOMO MUNICIPAL DE CULTURA

Tema 1.- Historia y desarrollo de la Biología Marina. Los océanos y sus propiedades físico químicas.

CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS 2017 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Hermanamiento con EL SALVADOR

MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACION Y MEDIO AMBIENTE

Formación Profesional. Contrastes curriculares dos títulos da Familia Profesional de Hostalería e Turismo de Galicia e Portugal

O ENSINO DO GALEGO COMO LINGUA ESTRANXEIRA

Promoción de los productos de la pesca y la acuicultura

ESCOLA DE IDIOMAS ACTIVA: INNOVACIÓN E CALIDADE

ANEXO XI: Caracterνsticas especνficas dalgϊns programas de doutoramento ofertados no curso 2015/2016

VARIEDADES AUTÓCTONAS DE TOMATES DE GALICIA

Direccion Xeral de Comercio. Consellería de Economía e Industria. Xunta de Galicia.

Escala Nacional-Regional PRESENTACIÓN

TEMA 5 LOS DOMINIOS CLIMÁTICOS EN ESPAÑA. I Los principales tipos de clima y sus características II La distribución geográfica de los climas de España

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

Romaría cativa de. Bonaval. Festas do Apóstolo 2016 FESTIVAL INFANTIL UNHA PROGRAMACIÓN PARA TODOS OS PÚBLICOS

LINGUAS ESPAÑOLA NO ÁMBITO SOCIO-INSTITUCIONAL

O MONTE DA MADROA (EL MONTE DE LA MADROA)

INFORME DE LA ENCUESTA REALIZADA A TODO EL PERSONAL DE LA FACULTAD DE QUÍMICA CON LOS CURSOS DE FORMACIÓN DE LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio CMPS003. Código. Proba de. Ciencias sociais. Páxina 1 de 10

DIÁLOGO SOCIAL EN GALICIA

14. LA ACTIVIDAD PESQUERA EN ESPAÑA.

I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE I. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CURRICULUM VITAE I. DATOS DE IDENTIFICACIÓN. Teléfono researchgate.net Mónica Arto-Blanco II. RESEÑA BIOGRÁFICA

LA PLANIFICACIÓN ESPACIAL MARINA

Javier Guerra Fernández Conselleiro de Economía e Industria

REGULAMENTO CLP: consellos de prudencia (frases P) (bilingüe) Consejos de prudencia Consellos de prudencia

Transcripción:

TEMA 8: OS ESPAZOS DA ACTIVIDADE PESQUEIRA Selectividade: Exercicio práctico: - Mapa de espazos pesqueiros (rexións e caladoiros).

A pesca é unha actividade económica que forma parte do sector primario, está destinada a obter produtos do mar. Proporciona alimentos e materias primas para a industria: conservas, conxelados, aceites, fariñas de pescado, fertilizantes... España é unha potencia pesqueira de segundo nivel no mundo, pero é a máis importante da Unión Europea (30% da poboación pesqueira comunitaria) e a segunda do continente tras Noruega. A actividade pesqueira foi perdendo peso na economía española, tiña en 2014 unha frota cercana aos 9300 buques (13.300 en 2006), onde traballan pouco máis de 33500 (53.000 en 2007), o que supón menos do 0,5% da ocupación e o 0,1% do PIB. A pesar deses datos, segue tendo grande importancia nalgunhas Comunidades como Galicia, e na dieta alimentaria, na que é moi alto o consumo de peixe, (preto de 27 kg por persoa e ano), moi por riba da media europea e só inferior á do Xapón, Noruega e Portugal.

A.-OS CONDICIONANTES NATURAIS A actividade pesqueira practícase en caladoiros, que son as zonas máis propicias, pola súa riqueza en bancos de peixe, para calar ou mergullar as artes de pesca. A potencia e calidade dos diversos caladoiros dependen dunha chea de condicións da auga: - temperatura da auga: a > temp., < osíxeno, polo tanto menos vida. - a transparencia das augas: a > nivel de turbidez, < visión dos peixes, que son máis facilmente capturados. - a salinidade: o exceso ou defecto de sal dificulta a vida dos peixes. - as cadeas de nutrición: < ou > presencia de plancton. - as condicións do litoral e o relevo mariño: na plataforma continental, é dicir, en augas que non superan os 200 m de profundidade, se realizan a maior parte das capturas. En España esa plataforma é reducida. A plataforma continental é a superficie do fondo submariño cercano á costa, comprendido entre o litoral e as profundidades que non son maiores de 200 metros. Nela abunda a vida animal e vexetal polo que é de gran importancia económica.

As augas atlánticas son máis verdosas que as mediterráneas, teñen unha salinidadde do 35, a temperatura media de agosto, en superficie, oscila entre os 18º e os 10º e en xaneiro entre os 11º e os 15º; a oscilación media das mareas é de 4 metros de altura, que pode deixar unha zona de varios centenares de metros, interesante para a explotación de moluscos. A plataforma continental esténdese uns 60 Km no litoral cantábrico e 40 Km fronte ás rías galegas. O fitoplancton é de 100 g por metro³ e año. As augas mediterráneas son máis transparentes, a salinidade ascende ata o 38, a temperatura media da auga, en superficie, é en xaneiro de 14º e en agosto de 25º, as mareas só alcanzan os 40 cm, a plataforma é menos extensa, o fitoplancton é duns 50 g por metro³ e ano. É dicir, reúnen mellores condicións as augas atlánticas, por iso a súa produtividade é bastante maior; exemplo: a produtividade nas rías galegas supera en 15 veces á do litoral de Castellón, un dos máis ricos do Mediterráneo.

B.-O ESPAZO PESQUEIRO O espazo pesqueiro español, ou Caladoiro Nacional, esténdese desde a costa ata as 200 millas náuticas, que delimitan a Zona Económica Exclusiva de Pesca (ZEE). Atópase organizado en oito rexións, nas que a frota artesanal captura distintas especies de peixes, crustáceos ou cefalópodos, segundo a época do ano : noroeste, cantábrica, tramontana, levantina, surmediterránea, suratlántica, balear e canaria. Barco entrando no porto de Avilés con merluza do pincho

Zonas Económicas Exclusivas de Pesca (ZEE): Norma segundo a que se estende a soberanía e a xurisdición exclusiva do solo e do subsolo mariño a 200 millas das costas dun país (370,4 Km), excluíndo aos demais de poder pescar libremente ou explotar os recursos do subsolo mariño. (Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar, 1982).

A rexión noroeste conserva a súa primacía pesqueira en España, pois aporta un terzo das capturas e casi a metade do emprego pesqueiro. Seguiu unha evolución paralela á do resto de España, cunha redución notable da pesca desembarcada e numerosos conflitos. Participa, xunto coa frota cantábrica, da pesca en augas adxacentes (sardiña, pescada), nos caladoiros comunitarios do Atlántico (atún, pez espada) e en augas moi alonxadas (fletán, bacallau, atún), pois dispón dunha excelente frota conxeladora. Tamén é importante a acuicultura centrada no mexillón e outros crustáceos. A rexión canaria tivo a súa idade de ouro entre os anos 1961 y 1980. A súa significación pesqueira radicou na explotación do banco sahariano, moi favorecido pola corrente de Canarias. O cambio de coxuntura no mar privoulle dos caladoiros tradicionais e convertiu os seus portos en base de operacións das frotas do Atlántico suroriental.

No litoral mediterráneo, no que a pesca de especies como o lirio ou o salmonete foi moi importante, se ten chegado a uns niveis mínimos de capturas polo esgotamento das pesquerías. A frota está obsoleta, predominando a pesca de baixura e o Mediterráneo preséntase como un mar preocupante polo estado de conservación dos seus recursos. A rexión suratlántica, coincide co litoral atlántico andaluz (Cádiz e Huelva). Posúe a segunda frota máis numerosa despois da rexión noroeste. Caracterízase pola importancia da súa pesca de baixura, de carácter artesanal. Péscase no litoral, en augas de Marrocos, de Portugal e en caladoiros do Atlántico suroriental. En conxunto, experimentou unha traxectoria descendente pola diminución das capturas nun mar sobreexplotado e pola dificultade do acceso a aguas alleas, sobre todo a raíz de que España non renovara os acordos pesqueiros con Marrocos, xa que parte da súa frota faenaba no banco subsahariano, obtendo especies de alta cotización económica (gambas, langostinos, calamar). Aquí tamén cobrou unha gran importancia a acuicultura.

A frota pesqueira española faena en caladoiros comunitarios, pertencentes a outros países da Unión Europea, e en caladoiros internacionais. Deles, o máis importante é o do Atlántico, seguido, con menor importania no volume de capturas, polos caladoiros dos Océanos Índico e Pacífico.

Os principais caladoiros para a frota española están no Atlántico norte, tanto en augas comunitarias (Gran Sol, Irlanda, Escocia e golfo de Biscaia) coma nas proximidades da península da Terra Nova, en Canadá (bacallau e fletán). Pero tamén faena nas proximidades do Sáhara occidental, Mauritania e Senegal, estendéndose cara ao Atlántico suroriental (Angola, Namibia, etc.). Nas augas de corrente fría que discorre polas costas orientais de Canarias, o chamado Banco Sahariano, os barcos españois teñen frecuentes conflitos con países africanos limítrofes, polo que se precisa chegar a acordos. Estas dificultades e a crecente competencia doutras frotas, obrigou nos últimos anos a que certos buques conxeladores operen agora incluso no océano Índico (Mozambique, Somalia, illas Seicheles), aumentando os custos e riscos do seu traballo, así como en augas do Atlántico de América Latina.