PLAN DE CONVIVENCIA DO CENTRO IES CASTELAO

Documentos relacionados
Decreto 7/1999 que regula o funcionamento dos Centros Públicos Integrados artigo 24.g Orde do 15 de xuño do 2009,artigo 9 punto 4

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

REGULAMENTO PARA A UTILIZACION DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

confiere a la Escuela su más específica identidad, no sólo porque ayuda a mantener determinadas señas culturales, sino porque se encuentra también

Programación 2º de EP MATEMÁTICAS

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

provincia de ourense n.º 260 xoves, 12 novembro 2015 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

ORDENANZA DE CREACIÓN, MODIFICACIÓN Y SUPRESIÓN DE FICHEROS CON DATOS DE CARÁCTER PERSONAL

Preocupación de toda la comunidad educativa en torno al tema de la convivencia

PROGRAMA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN Y CONTROL DEL ABSENTISMO ESCOLAR

O Concello Pleno en sesión ordinaria do 7 de xuño do ano 2013 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 33 Martes, 10 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

O PEC. Aspectos lexislativos e organizativos

PLAN PROVINCIAL CONTRA EL ABSENTISMO ESCOLAR MÁLAGA 2015/2016

Provincia de ourense. n.º 41 sábado, 20 febreiro D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

Educación Infantil Descriptores Creditos ECTS Carácter Curso Cuatrimestre. 6 FB 1 2c

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

MODELO DE CONVOCATORIA DE CONTRATACIÓN

Boletín Oficial. Provincia de Ourense. N.º 250 Venres, 4 novembro 2011 SUMARIO. Deputación Provincial de Ourense

I. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE I. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

ORIENTACIONES PARA LA ELABORACIÓN DE LA PROGRAMACIÓN GENERAL ANUAL ( P.G.A ) CURSO ACADÉMICO 2005/2006

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

Boletín oficial. provincia de ourense. n.º 74 Mércores, 1 abril D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

DOCUMENTOS ORGANIZATIVOS EN CENTROS DOCENTES

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

CURSO DE MEDIACIÓN FAMILIAR, E INTRODUCIÓN Á MEDIACIÓN PENAL E PENITENCIARIA

CONCELLO DE OURENSE SERVIZO DE CONTRATACIÓN

INTRODUCCION OCTUBRE 2011 MARCO LEGISLATIVO

PROYECTO DE COEDUCACIÓN IES BAELO CLAUDIA 2014/15

ANEXO XI: Caracterνsticas especνficas dalgϊns programas de doutoramento ofertados no curso 2015/2016

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLAS COMISIÓNS DE FESTAS PARA SOLICITAR A AUTORIZACIÓN (ORIXINAL OU FOTOCOPIA COTEXADA)

CRITERIOS DE EVALUACIÓN/CORRECCIÓN DE FÍSICA

TEMA: COORDINACIÓN CON LA FAMILIA Orientaciones para las reuniones generales

Comparativa da Formación en Prevención de Riscos Laborais a Nivel Europeo

Plan Anual de Convivencia Escolar

BoletÝn Dixital da Asociaci¾n Profesional de Orientaci¾n Educativa de Galicia. N 5 û DECEMBRO 2006

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

Consellería de Traballo e Benestar Departamento Territorial Ourense

Apoyo a la acción tutorial

DECLARACIÓN / DECLARACIÓN

CURSOS DE ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICATIVA (CALC) PARA O PROFESORADO. CURSO

PROYECTO DE MEDIACIÓN ESCOLAR

PROTOCOLOS DE ACCIÓN.

LINGUAS ESPAÑOLA NO ÁMBITO SOCIO-INSTITUCIONAL

ORDENANZA REGULADORA DO DEBER DE CONSERVACIÓN, DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICACIÓNS E DA DECLARACIÓN DE RUINA DO CONCELLO DE OURENSE

Boletín oficial. provincia de ourense

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN DE LAS COMUNIDADES DE APRENDIZAJE PROFESIONAL (CAP) DEL INSTITUTO CANARIO DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio CMPS003. Código. Proba de. Ciencias sociais. Páxina 1 de 10

ACTA Nº 2 DA MESA DE CONTRATACIÓN DO CONCELLO DE MUROS.

MÁSTER UNIVERSITARIO EN FORMACIÓN DE PROFESORADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

INFORME DE LA ENCUESTA REALIZADA A TODO EL PERSONAL DE LA FACULTAD DE QUÍMICA CON LOS CURSOS DE FORMACIÓN DE LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

PLAN DE ACCIÓN TUTORIAL Y DE ORIENTACIÓN AL ESTUDIANTE ESCUELA DE INGENIERÍAS INDUSTRIALES Y CIVILES

PROCESO DE DEFINICIÓN DEL PERFIL DE INGRESO Y CAPTACIÓN DE ESTUDIANTES

PROCEDIMIENTO DE INTERVENCIÓN

COMITÉ DE BUENA CONVIVENCIA ESCOLAR DSO Elementos Estructurales de la Convivencia Escolar Definidos en Base a la Ley

III. COMUNIDADE AUTÓNOMA III. COMUNIDAD AUTÓNOMA Consellería de Traballo e Benestar Departamento Territorial Ourense

Ficha de Registro de buenas prácticas en materia de convivencia escolar

Departamento de Antropología Social

O Software libre nasempresas informáticas de Galicia

PLAN DE TRABAJO T.I.C.

Análisis del sistema de orientación y apoyo escolar - normativa de la Comunidad Valenciana

PLAN DE ACTUACIONES DE LA INSPECCIÓN DE SERVICIOS DE LA UNIVERSIDAD DE MÁLAGA

REGLAMENTO INTERNO COMISIÓN INTERSECTORIAL DE COORDINACIÓN PARA LA IMPLEMENTACIÓN DE LA POLÍTICA PÚBLICA NACIONAL DE EQUIDAD DE GÉNERO

II Encuentro Necesidades Especiales y Educación Ambiental en Aragón. Sesión 25/10/2012 La Calle Indiscreta

Procedimientos de evaluación interna.

CURSO EN MANTENIMIENTO DE INSTALACIONES CON RIESGO DE LEGIONELA

GUÍA PARA A DETECCIÓN DO MALTRATO INFANTIL

- Violencia psicológica: toda conducta, verbal o no verbal, que produzca en la mujer desvalorización o sufrimiento, a través de amenazas,

Decreto 4/1990, de 23 de enero, Atribución de competencias en materia de personal. (DOE 30 de Enero, Nº 9)

PLAN DE ACCIÓN DE CONVIVENCIA ESCOLAR 2016

A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria de 22 de xaneiro de 2009, adoptou, entre outros o seguinte acordo: ORDENANZA MUNICIPAL DE ANTENAS

BASES CONTRATACIÓN DE 1 OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES

SSCG0209 MEDIACION COMUNITARIA

PROGRAMA DE ABSENTISMO ESCOLAR

CONVOCATORIA Y FICHA DE INSCRIPCION ENCUENTRO EMPRESARIAL FRANCIA FERIA BATIMAT-INTERCLIMA-ELEC- IDEOBAIN FRANCIA Del 1 al 7 de noviembre de 2015

SOLICITUD DE SUBVENCIONES 2016 ENTIDADES SIN ÁNIMO DE LUCRO

HOJA INFORMATIVA A TEMARIO DE PROFESORES DE ENSEÑANZA SECUNDARIA PSICOLOGÍA Y PEDAGOGÍA. Publicado en el B.O.E. de 21 de Septiembre de 1.

DOCUMENTOS INSTITUCIONALES

PROGRAMA DE ACOMPAÑAMIENTO ESCOLAR EN CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Adaptación o cambio de puesto de trabajo por motivos de salud

SSCE0109 Información Juvenil. Cualificaciones Profesionales y Certificados de Profesionalidad

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE

CONGRESO ESTATAL SOBRE CONVIVENCIA ESCOLAR. ÉXITO EDUCATIVO: ENSEÑAR Y APRENDER A CONVIVIR. JAÉN 15, 16 Y 17 DICIEMBRE DE 2011

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO ADMINISTRACIÓN LOCAL A CORUÑA

CONVOCATORIA PARA PARTICIPAR EN CINE EN CURSO MADRID

Plan Lector y de uso de la Biblioteca Escolar del CEIP Al-Andalus

Boletín oficial. provincia de ourense

Acta da Comisión Permanente celebrada o 18 de novembro de 2011

ANEXO I Solicitud Proyectos de Innovación en Formación Profesional Curso 2016/2017. Don/Doña... Director/a del centro. de la localidad Provincia..

Transcripción:

PLAN DE CONVIVENCIA DO CENTRO IES CASTELAO OUTUBRO 2007

ÍNDICE 1.- Introducción 3 2.- Características do centro e normas de convivencia 3 3.- Situación actual de convivencia no centro 3 4.- Observatorio de convivencia do centro 3 5.- Coordinador/a de convivencia 4 6.- Plan de actuación 5 6.1.- Obxectivos 5 6.2.- Accións preventivas da aparición de conflictos 5 6.3.- Plan de acollida 5 6.3.1.- Alumnado novo que se incorpora a 1º ESO ó inicio de curso 6 6.3.2.- Alumnado que procede doutro centro educativo 6 6.3.3.- Alumnado inmigrante 6 6.4.- Actuacións en situacións de conflicto 7 6.4.1.- Absentismo escolar 7 6.4.2.- Disrupción nas aulas 7 6.4.3.- Conflictos entre profesorado-alumnado 8 6.4.4.- Maltrato entre compañeiros ou bullying 8 7.- Avaliación 8 ANEXO I.- Programación das actividades propostas para ae prevención de conflictos 9 ANEXO II.- Ficha de observación de comportamento de novo alumnado 12 ANEXO III.- Acta do proceso de mediación 13 ANEXO IV.- Información sobre posible caso de acoso escolar 14 ANEXO V.- Informe de acoso escolar 15 Páxina 2 de 18

1.- Introducción De acordo co establecido no artigo 121 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE), o presente Plan de Convivencia do Centro forma parte do Proxecto Educativo e compleméntase co resto dos seus documentos integrantes: Plan de Atención á Diversidade, Plan de Accion Titorial e Regulamento de Réxime Interno. Este Plan recolle accións que pretenden minimizar a posibilidade de que aparezan casos de conflicto no centro. Tamén incorpora protocolos de actuación para as situacións de violencia que se poidan producir. É un documento cero que se irá modificando e adaptando en función dos resultados obtidos, novas realidades, cambios lexislativos, etc. A efectos deste Plan, e seguindo o criterio de diferentes autores, incluímos dentro do termo conflicto as seguintes categorías de comportamento antisocial: 1. Disrupción nas aulas, situación na que un ou varios alumnos impiden co seu comportamento o desenrolo normal da clase, obrigando ó profesor ou profesora a adicar cada vez máis tempo a controlar a disciplina e a orde. 2. Conflictos entre profesorado e alumnado, normalmente é un paso máis do anterior punto, e supón a aparición de agresións físicas ou verbais profesorado-alumnado. 3. Maltrato entre compañeiros ou bullying, consistente en procesos nos que un ou máis alumnos acosan e intimidan a outro. Os actos de intimidación poden ser: a. Físicos (golpes, empuxóns,...). b. Verbais (burlas ou insultos). c. Xestuais ou de exclusión social. Dentro desta categoría cómpre incluír o chamado ciber-bullying, que cada vez ten maior relevancia. 4. Vandalismo e danos físicos e materiais. Son xa estrictamente fénómenos de violencia. 2.- Características do centro e normas de convivencia As características do IES Castelao (ubicación, instalacións, equipo docente, espacios, etc.) están descritas no PEC, ó que nos remitimos. As normas de convivencia aparecen recollidas no Regulamento de Réxime Interno. 3.- Situación actual de convivencia no centro Nestes momentos carecemos de indicadores obxectivos que permitan facer unha valoración da convivencia. Unha das primeiras actuacións será realizar unha enquisa que nos permita valorar a situación e incorporala na próxima actualización deste Plan. Non obstante, a nosa apreciación do clima de convivencia actual é aceptable. A conflictividade preséntase fundamentalmente nos tres primeiros cursos da ESO e vai diminuindo en 4º ESO ata case desaparecer nos bacharelatos. 4.- Observatorio de convivencia do centro O Decreto 85/2007 de 8 de Maio de 2.007 impranta en cada centro un Observatorio da Convivencia Escolar (hai outros dous, un a nivel provincial e outro autonómico). As súas funcións específicas son: a) A participación na dinamización do plan de convivencia do centro e na mediación escolar. b) A elaboración dun informe anual sobre a análise da convivencia e conflitividade no seu ámbito, así como sobre as iniciativas a nivel centro. Este informe será trasladado ao Observatorio da Convivencia Escolar a nivel provincial. c) A coordinación de actuacións conxuntas dos ámbitos implicados e relacionadas coa mellora da convivencia. Páxina 3 de 18

d) Propoñer á Administración educativa todas aquelas medidas que se consideren oportunas para a mellora da convivencia escolar no centro. e) Aqueloutras que lle sexan encomendadas pola Administración educativa ou polo Observatorio O Observatorio manterá tres reunións anuais de carácter ordinario, unha por trimestre, e con carácter extraordinario cantas veces sexa convocado pola súa presidencia, por iniciativa propia ou por proposta de, polo menos, unha terceira parte dos seus membros. Estará integrado por: a) O director do centro, a quen lle corresponderá a presidencia. b) O xefe de estudos de diurno, a quen lle corresponderá a vicepresidencia. c) Un representante do profesorado, que no presente curso será o Coordinador do Plan de Convivencia. d) O orientador do centro. e) Unha persoa representante do alumnado. f) Unha persoa representante de pais e nais. g) A persoa do consello escolar do centro quedesempeñe a función de desenvolver os programas e iniciativas de coeducación. h) Unha persoa representante do persoal non docente. Unha das persoas anteditas, con destino no centro educativo, actuará como secretario ou secretaria e levantará acta. Estarán abertos á participación do profesorado titor relacionado co tema que se analice e dos profesionais de sanidade, dos servizos sociais e das asociacións do sector que poidan colaborar na mellora da convivenciaescolar. Durante o presente curso crearase no centro o devandito Observatorio. 5.- Coordinador/a de convivencia O Director ou Directora do centro nomeará, entre o profesorado con destino definitivo, un Coordinador ou Coordinadora de Convivencia escolar. Se ben actualmente non existe normativa en Galicia que defina expresamente as súas funcións, tómase como referencia a lexislación vixente na Comunidade de Castela e León, na que se sinala que o Coordinador ou Coordinadora, baixo a dependencia da Xefatura de Estudios, terá as seguintes funcións: a) Impulsar o desenrolo do Plan de Convivencia e participar na súa avaliación. b) Xestionar a información e comunicación dos datos relativos á situación da convivencia no centro, tanto para a súa transmisión interna, como externa para o Observatorio Provincial ou outros organismos que a demanden. c) Apoiar o desenrolo do Plan de Acción Titorial, en coordinación co Departamento de Orientación, no referido ó desenrolo da competencia social do alumnado e a prevención e resolución de conflictos entre iguais. d) Levar a cabo as actuacións precisas de mediación, como modelo para a resolución de conflictos no centro escolar, en colaboración ca Xefatura de Estudios e co titor ou titora. e) Colaborar na detección das necesidades de formación en materia de convivencia e resolución de conflictos de todos os sectores da comunidade educativa do centro. f) Coordinar ós alumnos que poidan desempeñar accións de mediación entre iguais. g) Promover a cooperación educativa entre o profesorado e as familias, así como outras propostas que fomenten as relacións do centro co seu entorno social. h) Aquelas outras que aparezan no Plan de Convivencia ou que lle sexan encomendadas polo equipo directivo encamiñadas a favorecer a convivencia escolar. Páxina 4 de 18

6.- Plan de actuación 6.1.- Obxectivos Plan de Convivencia IES Castelao Vigo Outubro 2007 - Conseguir a integración de todo o alumnado sen discriminación por razón de raza, sexo, idade ou crenza. - Asumir e practicar os valores cívicos e democráticos (respecto, solidariedade, igualdade entre homes e mulleres, etc.). - Mellorar as relacións entre todos os membros da comunidade educativa. - Preparar para a vida social adulta. - Fomentar a implicación das familias no centro. - Dar resposta inmediata a situacións de acoso e intimidación entre iguais no tocante á súa prevención, tratamento e erradicación. 6.2.- Accións preventivas da aparición de conflictos O eixe fundamental destas accións serán as titorías. Neste senso, o coordinador ou coordinadora de Convivencia do centro elaborará, cas contribucións do Departamento de Orientación e profesorado en xeral, diferentes actividades para traballar na hora de titoría, respectando en todo momento a planificación establecida no Plan de Acción Titorial. Tamén se considera adecuado levar a cabo actividades, baixo as directrices da Vicedirección, de convivencia dentro horario escolar tales como charlas, visionado de películas, webquests, etc. Para estas actividades solicitarase a colaboración do profesorado, posto que parte destas actividades poderían desenvolverse fóra das horas de titoría. Ca finalidade de implicar ás familias, e posto que o centro permanece aberto en horario tardenoite, procuraranse realizar actividades nese horario para que as familias que o desexen poidan participar nelas. Outra liña de actuación será crear un espacio dentro da páxina web do instituto (www.iescastelao.com) denominado inicialmente consultorio que tratará incluirá un formulario no que o alumnado poderá, identificándose ou de maneira anónima, denunciar situacións de acoso, prantexar cuestións de índole afectiva, sexual, etc. Como se comentou ó principio este é un documento vivo que se irá actualizando co transcorrer do curso. Inicialmente propóñense as actividades incluídas no Anexo I, que poden ser ampliadas ou modificadas. En todo caso, procurarase que as actividades aborden, ainda que sexa parcialmente as seguintes temáticas: a) Educación para a paz. Resolución de conflictos de maneira pacífica. b) Discriminación sexual, violencia de xénero e homofobia. c) Prevención do racismo, xenofobia e intolerancia. d) Democracia e Dereitos Humanos. e) Bullying. f) Educación para a saúde. 6.3.- Plan de acollida Neste apartado trataremos as actuacións dirixidas a tres grupos de alumnado que se incorporan ó centro: a) Alumnado novo que se incorpora a 1ª ESO ó inicio de curso. b) Alumnado que procede doutro centro educativo do Estado como consecuencia dun traslado familiar, expediente,... c) Alumnado inmigrante. Páxina 5 de 18

No suposto de que un alumno ou alumna se poida incluír en dous dos grupos anteriores, por exemplo alumno que se incorpora a 1º ESO ó inicio de curso e provén do extranxeiro, aplicaranse as actuacións que se consideren máis oportunas de cada grupo. 6.3.1.- Alumnado novo que se incorpora a 1º ESO ó inicio de curso - Farase unha presentación para este alumnado cos membros do Equipo Directivo e os. Para o seu mellor desenvolvemento considérase axeitado efectualo en distinto día ca dos outros niveis. - Despois da presentación cada grupo, acompañado do Titor ou Titora, dirixiranse á súa aula na que se lles transmitirá información relativa a áreas que van a cursar, xustificación de faltas de asistencia, funcións de delegado/a e criterios e forma de selección, etc. - A continuación visitaranse as diferentes dependencias do centro (situación das aulas de vídeo, informática, talleres, aseos, pavillón,...) 6.3.2.- Alumnado que procede doutro centro educativo - O Director ou Xefe de Estudios reunirase ca familia para recoller datos do alumno ou alumna (datos familiares, domicilio, dificultades de aprendizaxe, etc.). - Nesta entrevista* tamén se informará ás familias sobre aspectos de funcionamento e organización do centro (horario, calendario escolar, normas, ANPA, etc.). Para determinadas situacións pódese informar sobre os Servicios Sociais que sirvan de referencia. - O alumno ou alumna adscribirase a un grupo en colaboración cas indicacións do Departamento de Orientación. Se non fóra posible realizar unha valoración polo Departamento de Orientación a tempo, procederíase a efectuar unha asignación provisional á espera dos resultados da correspondente entrevista. En todo caso, a entrevista e os seus resultados deberán poñerse a disposición da Xefatura de Estudios nun prazo inferior a cinco días hábiles dende a chegada do alumno ou alumna ó centro. - A Xefatura de Estudios transmitiralle a información dispoñible do alumno ou alumna ó Titor ou Titora. - O Titor ou Titora comunicará a nova incorporación ó profesorado que imparte docencia no grupo. - O alumno ou alumna será presentado en clase polo Titor ou Titora a todos os compañeiros explicando da maneira máis natural a súa situación. - O Titor ou Titora controlará, ca axuda do resto do profesorado, que as relacións que se vaian establecendo sexan as naturais pola idade, evitando o proteccionismo excesivo pero evitando actitudes de rexeitamento ou menosprezo. - Durante o primeiro mes, aproximadamente, o Titor ou Titora observará o comportamento do alumno ou alumna e cubrirá o documento do Anexo II que será entregado á Xefatura de Estudios. 6.3.3.- Alumnado inmigrante - O Director ou Xefe de Estudios reunirase ca familia para recoller datos do alumno ou alumna (datos familiares, domicilio, dificultades de aprendizaxe, etc.). - Nesta entrevista* tamén se informará ás familias sobre aspectos de funcionamento e organización do centro (horario, calendario escolar, normas, ANPA, etc.). Para determinadas situacións pódese informar sobre os Servicios Sociais que sirvan de referencia. - O alumno ou alumna adscribirase a un grupo tendo en conta a súa idade, coñecementos previos, coñecemento da lingua, escolarización anterior... así como as indicacións do Departamento de Orientación. Se non fóra posible realizar unha valoración polo Departamento de Orientación a tempo, procederíase a efectuar unha asignación provisional á espera dos resultados da correspondente entrevista. En todo caso, a entrevista e os seus resultados deberán poñerse a disposición da Xefatura de Estudios nun prazo inferior a cinco días hábiles dende a chegada do alumno ou alumna ó centro. Páxina 6 de 18

- Na adscrición terase en conta que nun grupo de idade homoxéneo é máis fácil a socialización, pero se o desfase de coñecementos é grande, hai que valorar a posibilidade de adscrición a un nivel por debaixo da súa idade. Débese valorar a dinámica do grupo no cal se vai a integrar e se hai outros alumnos inmigrantes na aula para evitar a concentración. - A Xefatura de Estudios transmitiralle a información dispoñible do alumno ou alumna ó Titor ou Titora. - O Titor ou Titora comunicará a nova incorporación ó profesorado que imparte docencia no grupo. - O alumno ou alumna será presentado en clase polo Titor ou Titora a todos os compañeiros explicando da maneira máis natural a súa situación. - O Titor ou Titora controlará, ca axuda do resto do profesorado, que as relacións que se vaian establecendo sexan as naturais pola idade, evitando o proteccionismo excesivo pero evitando actitudes de rexeitamento ou menosprezo. - Durante o primeiro mes, aproximadamente, o Titor ou Titora observará o comportamento do alumno ou alumna e cubrirá o documento do Anexo II que será entregado á Xefatura de Estudios. * Ó largo do presente curso elaborarase unha guía para entregarlles ós pais nos vindeiros cursos. 6.4.- Actuacións en situacións de conflicto 6.4.1.- Absentismo escolar Considerámolo un conflicto máis que pode estar causado por fenómenos de bullying, abandono familiar, etc. - O titor ou titora recollerá os xustificantes das faltas do alumno ou alumna e arquivaraos durante o curso en vigor de maneira que se poidan consultar se fora preciso. - Cando un alumno ou alumna falte a clases sen xustificación ou con xustificacións de dubidosa veracidade, o titor ou titora porase en contacto ca familia do menor. - Se tra-la actuación anterior no mellora a situación, o titor ou titora, co coñecemento da Xefatura de Estudios, notificará ás familias a posibilidade de iniciar un procedemento informativo perante o organismo competente de asuntos sociais. - Por último, se o absentismo se continúa producindo, iniciarase o proceso informativo ante asuntos sociais e comunicarase tal situación á Inspección Educativa e ó Consello Escolar. 6.4.2.- Disrupción nas aulas - O profesorado que detecte unha situación de disrupción na aula (impedimento por un ou varios alumnos do desenrolo normal da clase), cubrirá o parte de ordes existente na aula en entregarallo á Xefatura de Estudios. - Naquelas situacións de maior gravidade nas que se considere imprescindible a expulsión da aula, o profesor ou profesora cubrirá o parte de ordes e o alumno ou alumnos implicados, acompañados do delegado/a da clase, dirixiranse á Xefatura de Estudios. - Cando un alumno ou alumna acumule dúas faltas de orde na mesma ou en distintas materias, a Xefatura de Estudios comunicará tal situación ó Coordinador ou Coordinadora de Convivencia ca finalidade de establecer as accións que se consideren oportunas en cada caso (entrevista persoal, correccións de comportamento,...) en coordinación, sempre que sexa posible, co Departamento de Orientación. - Se o alumno ou aluma continúa acumulando faltas de orde aplicarase o Regulamento de Réxime Interno do Centro. Páxina 7 de 18

6.4.3.- Conflictos entre profesorado-alumnado Plan de Convivencia IES Castelao Vigo Outubro 2007 - A mediación será o procedemento preferente sempre e cando sexa posible dada a natureza do conflicto. Para aqueles casos de maior gravidade será de aplicación o Regulamento de Réxime Interno do Centro. - De ser viable a mediación, o Coordinador ou Coordinadora de Convivencia proporá unha persoa como mediadora que deberá ser aceptada polas partes implicadas. - Do proceso de mediación e dos acordos ós que se cheguen levantarase unha acta, asinada polas partes e mediador, que se entregará á Xefatura de Estudios. Pódese usar o modelo que figura no Anexo III. 6.4.4.- Maltrato entre compañeiros ou bullying - Calquera membro da comunidade escolar que sospeite da existencia dun caso de acoso escolar comunicará tal situación ó Coordinador ou Coordinadora de Convivencia do Centro. - A información recibida recollerase nun modelo como o do Anexo IV. - O Coordinador ou Coordinadora de Convivencia recabará toda a información precisa para iniciar un procedemento de resolución do conflicto. - Sempre que sexa posible, o procedemento preferente será a mediación. Para elo proporase unha persoa como mediadora que deberá ser aceptada polas partes implicadas. - Do proceso de mediación e dos acordos ós que se cheguen levantarase unha acta, asinada polas partes e mediador, que se entregará á Xefatura de Estudios. Pódese usar o modelo que figura no Anexo III. - Nas situacións que revistan especial gravidade ou naquelas nas que o proceso de mediación sexa inviable, o Coordinador ou Coordinadora de Convivencia redactará un informe de acoso escolar (Anexo V) que será remitido á Delegación Provincial da Consellería de Educación e, se é o caso, á Fiscalía de Menores. O Equipo Directivo informará ó Consello Escolar do proceso para que impoña as oportunas correccións. 7.- Avaliación O presente Plan de Convivencia será avaliado ó largo do curso e introduciranse nel as modificacións que permitan adecualo á realidade educativa do Centro. Páxina 8 de 18

ANEXO I.- Programación das actividades propostas para ae prevención de conflictos ACTIVIDADE DESCRICIÓN RESPONSABLES NIVEL RECURSOS E DURACIÓN ESPACIO TEMPORALIZACIÓN Avaliación inicial da ESO Cuestionario convivencia no centro Autocoñecemento e autoestima Fichas bullying Webquest bullying Charla sobre violencia contra a muller no mundo Democracia e Constitución Charla sobre os Dereitos Humanos Cuestionario para alumnado, profesorado e familias sobre a convivencia no centro. Realizarase no 100% do alumnado, 100% do profesorado e unha porcentaxe significativa das familias Actividades de autocoñecemento e autoestima dos alumnos e alumnas Fichas para traballar na aula o fenómeno do bullying ou acoso escolar Webquest para tratar o bullying ou acoso escolar Fichas e webquests sobre a Democracia e a Constitución ESO 1 sesión Guía para os titores Fichas para os alumnos Aprox. 1 mes despois de inciadas as clases 1ª Avaliación 1 sesión 1º e 2º ESO Guía para os titores 1ª Avaliación Fichas para os alumnos 1 sesión 3º e 4º ESO Guía para os titores 1ª Avaliación Fichas webquest para os alumnos 1 sesión 4º ESO e Os aportados por cada institución Salón de actos 1ª Avaliación BACH (Novembro) 1º e 2º ESO Guía para os titores Fichas para os alumnos e webquests 4º ESO e BACH 1ª Avaliación (Novembro e inicios Decembro) 4 sesións Os aportados por cada institución Salón de actos 1ª Avaliación (Novembro) Fichas Dereitos Humanos Fichas e webquests sobre os Dereitos Humanos. 3º e 4º ESO Guía para os titores Fichas para os alumnos e webquests 1ª Avaliación (Novembro e inicios Decembro) Páxina 9 de 18

ACTIVIDADE DESCRICIÓN RESPONSABLES NIVEL RECURSOS E DURACIÓN ESPACIO TEMPORALIZACIÓN Película Dereitos Película que trate o tema 3º ESO Película Salón de actos 1ª Avaliación humanos Cinensino: programa prevención drogas Educación para a paz Charla educación para a paz Tres películas, unha por trimestre, na que se irá ó cine e se lle entregará a cada alumno un caderno para o traballo na hora de titoría. Fichas e webquests nas que se tratará este tema Profesorado para acompañar ó cine 2º ESO Cadernos de traballo entregados pola organización. ESO 4º ESO e BACH Guía para os titores Fichas para os alumnos e webquests Cine (Salesianos) e titoría 1 película en cada avaliación. 2ª avaliación 3 sesións Os aportados por cada institución Salón de actos 2ª avaliación Charla resolución pacífica de conflictos 1º e 2º ESO Os aportados por cada institución Salón de actos 2ª avaliación Charla homofobia 4º ESO e BACH Os aportados por cada institución Salón de actos 2ª avaliación Resolución pacífica de conflictos Charla educación sexual Actividades para a aula Intentarase organizar unha para o 1º ciclo da ESO e outra para o 2º ciclo. ESO ESO: 1º Ciclo 2º Ciclo Guía para os titores Fichas para os alumnos 2ª avaliación 2 sesións Os aportados por cada institución Salón de actos 2ª avaliación Páxina 10 de 18

ACTIVIDADE DESCRICIÓN RESPONSABLES NIVEL RECURSOS E DURACIÓN ESPACIO TEMPORALIZACIÓN Fichas discriminación sexual Actividades para a aula ESO Guía para os titores Fichas para os alumnos 2ª avaliación 2 sesións Fichas racismo, xenofobia e intolerancia Película racismo, xenofobia e intolerancia Charla racismo, xenofobia e intolerancia Actividades para a aula e webquests Película que trate o tema ESO Guía para os titores Fichas para os alumnos e webquest 3ª avaliación 3 sesións 3º ESO Película Salón de actos 3ª avaliación 3º ESO Os aportados por cada institución Salón de actos 3ª avaliación Charla voluntariado 4º ESO Os aportados por cada institución Salón de actos 3ª avaliación Convivencia a través do xogo Charla Drogodependencia Actividades de xogo desenvolvidas por estudiantes de ciclos de FP para alumnos de 1º ESO Outros centros 1º ESO Saída a espazo público (Castrelos, A Gúia,...) ou no patio do Centro 3ª avaliación 3º ESO Os aportados por cada institución Salón de actos 3ª avaliación Charla educación para a saúde (alimentación, tabaco...) Fichas educación para a saúde e webquest Actividades para a aula e webquests 4º ESO Os aportados por cada institución Salón de actos 3ª avaliación ESO Guía para os titores Fichas para os alumnos e webquest 3 sesións 3ª avaliación Páxina 11 de 18

ANEXO II.- Ficha de observación de comportamento de novo alumnado (a entregar polo titor ou titora á Xefatura de Estudios) Alumno/a:... Curso:... Grupo:... HÁBITOS DE COMPORTAMENTO Sempre A veces Nunca Cumpre os horarios? Utiliza correctamente os espacios comúns? Respecta o material dos demáis e o común de clase? Ven correctamente aseado a clase? HÁBITOS DE CONVIVENCIA E RELACIÓN Sempre A veces Nunca Xoga e/ou relaciónase cos outros compañeiros? Acepta traballar en grupo? Busca estar só ou illado? Adopta actitudes agresivas? É aceptado polos compañeiros de clase? Busca só a compañía dos compañeiros do seu país ou idioma? (alumnado extranxeiro) Os seus compañeiros de clase amósanse dispostos a axudalo? Apareceron actitudes de indiferencia, rexeitamento, discriminación ou racismo dos compañeiros hacia el/a? HÁBITOS DE TRABALLO NA AULA Sempre A veces Nunca Leva todo o material necesario a clase? Séntase correctamente? Molesta ós compañeiros? É molestado/a polos compañeiros? Manifesta interese polo traballo? Realiza os exercicios a tempo? Realiza os exercicios con limpeza e boa presentación? Pide axuda se a precisa? Elude o traballo se o profesor ou profesora non lle presta atención? OBSERVACIÓNS Asdo.: O/A Titor/a Páxina 12 de 18

Anexo III.- Acta do proceso de mediación Persoas implicadas: Persoa que actúa como mediador: Descrición do incidente: Data e lugar: Descrición do proceso de mediación: Compromisos aceptados polas partes: En Vigo, a... de... de 200... Sinatura das partes implicadas e do mediador: Páxina 13 de 18

ANEXO IV.- Información sobre posible caso de acoso escolar Orixe da información Profesor/a do grupo Outro/a profesor/a Titor/a Orientador/a PAS Agredido/a Observador/a Familia da persoa agredida Outro pai ou nai Servicios médicos Asistencia social Outros Nome e apelidos: Domicilio: Teléfono de contacto: Persoa acosada Nome e apelidos: Curso: Grupo: FEITOS OCORRIDOS MEDIDAS EN CURSO Páxina 14 de 18

ANEXO V.- Informe de acoso escolar DATOS DO CENTRO CENTRO IES Castelao ENDEREZO R/ Aragón, 22 36.206 Vigo (Pontevedra) TELÉFONO/FAX Tel.: 986.274.050 Fax.: 986.274.779 E-MAIL ies.castelao.vigo@edu.xunta.es DATOS DAS PERSOAS IMPLICADAS a) Presunta vítima NOME E APELIDOS CURSO GRUPO b) Presuntos/as acosadores/as NOMES E APELIDOS CURSOS GRUPOS c) Testemuñas ALUMNOS/AS (Especificar nomes e cursos) PROFESORES/AS PERSOAL NON DOCENTE OUTRAS PERSOAS (Especificar nomes e relación co Centro se a hai) Páxina 15 de 18

1) DATOS SOBRE OS SUCESOS OCORRIDOS LUGAR DATAS REPETIDAMENTE (SI/NON) Clase do grupo. Aula: Outra clase (música, informática,...) Cal?: Patio Baños Vestiario/ximnasio Corredores Accesos ó centro Fóra do centro Outros: Páxina 16 de 18

2) TIPO DE ACOSO TIPO VERBAL ACCIÓNS Alcumes Insultos Provocacións Desprestixio (comentarios en relación co aspecto físico, raza, relixión, costumes, gustos,...) Ridiculización pública Linguaxe non verbal despectiva Comentarios sexistas ou xenófobos Outros: REPETICIÓN Raramente De cando en vez Habitualmente Diariamente FÍSICO Incomodar (descolocarlle as cousas, empuxóns suaves, tirarlle da roupa,...) Agocharlle as súas cousas Intimidación (ameazas de violencia física, amago de pegarlle,...) Agresións leves Golpes illados Tundas Extorsións (facer deberes, traer cartos,...) Outros: Páxina 17 de 18

TIPO SOCIAL ACCIÓNS Non dirixirlle a palabra Buscar o seu illamento no grupo e no centro Difundir informacións falsas sobre a persoa Humillacións Ridiculizar as súas opinións, gustos, aspecto... na súa presencia ou ausencia Comentarios negativos sobre o grupo ó que pertence (sexo, raza, relixión,...) Outros: REPETICIÓN Raramente De cando en vez Habitualmente Diariamente MEDIOS TÉCNICOS SMS ofensivas, intimidatorias ou non desexadas Correos electrónicos ofensivos, intimidatorios ou non desexados Utilización da sua imaxe sen permiso Utilización da súa imaxe modificada para ridiculizar Outros: OUTRAS OBSERVACIÓNS (información relevante non incluída, consecuencias observadas na vítima, accións xa en marcha, posibles accións a curto prazo, conclusións...) Vigo,... de... de 2.00... Asdo.: Dirección do Centro Asdo.: Responsable do Informe Páxina 18 de 18