Datos básicos sobre a evolución do galego

Documentos relacionados
ESTUDIO DEMOGRÁFICO DE ESPAÑA, GALICIA E A POBRA DO CARAMIÑAL

MEMORIA VISITAS 1º SEMESTRE 2015

Convocatoria ordinaria de 2012

ACTIVIDADE DE SENDEIRISMO NO PARQUE NATURAL DE PONGA, ASTURIAS.

TEMA 1: A POBOACIÓN NO MUNDO

Ordenanza Nº 40: Ordenanza Reguladora dos. Prezos Públicos das escolas municipais. de musica e artes escénicas. Ano 2017

DE HORECA AO RETAIL E TENDENCIAS CONVENIENCE

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

GLÍCIDOS. Carmen Cid Manzano. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense. Departamento Bioloxía e Xeoloxía.

PROXECTO RUNAS REQUIRIMENTOS DE PARTICIPACIÓN. Son requirimentos de participación os seguintes:

Encuesta de condiciones de vida de las familias. Conocimiento y uso del gallego. Año El 56,4% de los gallegos habla mayoritariamente el gallego

X CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

2º Exame da oposición de Auxiliares Técnicos de Informática da USC

O Software libre nasempresas informáticas de Galicia

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

1. Deshabilitar bloqueador de elementos emerxentes Deshabilitar bloqueador de elementos emergentes

CMUS Profesional de Viveiro

INFORME DE LA ENCUESTA REALIZADA A TODO EL PERSONAL DE LA FACULTAD DE QUÍMICA CON LOS CURSOS DE FORMACIÓN DE LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

GUÍA DA VENDA DIRECTA DOS PRODUTOS PRIMARIOS

A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA NA NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL

PROCESO PARTICIPATIVO PARA UN NOVO CONVENIO CTAG (PNC CTAG)

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA Número 590 VII lexislatura 17 de xullo de 2008

Cidade da Ciencia e a Innovación 2012 IX CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO

ENERXÍA HIDRAÚLICA. COMPOÑENTES DUNHA CENTRAL HIDROELÉCTRICA

CIRCULAR 84/2011 (modificada a 10/01/2012) sinálanse en vermello os cambios)

DECLARACIÓN / DECLARACIÓN

ANEXO IV. BAREMO DE MÉRITOS: 40 puntos

RECOMENDACIÓNS XERAIS

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA01. Código. Proba de. Economía da empresa. Páxina 1 de 10

II Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple

LIBRO DE SUBCONTRATACIÓN

por Resolución do 25 de abril de 2016 e pola Orde XUS/704/2016 (Diario Oficial de

Os sistemas operativos (S. O.)

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB01. Código. Proba de. Debuxo técnico. Páxina 1 de 9

formativos de de grao grao superior CSPC003 Código Proba de Matemáticas Páxina 1 de 12

O ENSINO DO GALEGO COMO LINGUA ESTRANXEIRA

EQUIVALENCIAS DE ESTUDOS

ESCENARIO DE PRÁCTICAS Celebraranse as probas nas Pistas de Atletismo ao aire libre, de Elviña (A Coruña), e da Malata (Ferrol)

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA. Fonte: páxina web da Xunta de Galicia e elaboración propia

INFORME ANUAL DE SEGUIMENTO

Concello de Lugo. Elementos de identidade Elementos de identidad

Unidade 4: Pneumática

Encuesta de población activa. Segundo trimestre de En el segundo trimestre de 2011 la tasa de paro se sitúa en el 16,7%

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB01. Código. Proba de. Debuxo técnico. Páxina 1 de 10

NORMAS MOSTRA DE CINE ETNOGRÁFICO MUSEO DO POBO GALEGO

Galego Situación sociolingüística

COMPROMISO DEL CONCELLO DE OURENSE CONTRA LA MOROSIDAD

Educar para a cidadanía global

CRITERIOS DE EVALUACIÓN/CORRECCIÓN DE FÍSICA

Conmemórase este ano 2015 o 120 aniversario da primeira exposición realizada por un novísimo

Seminarios de Formación Continua

Ofértanse un total de 603 prazas na modalidades de: Balnearios (opción todo incluído ) e a súa adxudicación efectúase nas xefaturas territoriais.

CURSO DE MEDIACION INTERCULTURAL SANITARIA

Xunta de Galicia Consellería de Traballo e Benestar Secretaría Xeral de Política Social 2014

ESCOLA DE IDIOMAS ACTIVA: INNOVACIÓN E CALIDADE

MATEMÁTICAS 4º - OPCIÓN B REPASO

Créditos totais Créditos (**) 24(*)

LINGUAS ESPAÑOLA NO ÁMBITO SOCIO-INSTITUCIONAL

Una empresa con vocación de servicio

CURSO DE MEDIACIÓN FAMILIAR, E INTRODUCIÓN Á MEDIACIÓN PENAL E PENITENCIARIA

Comisión Galega de Bioética

Alegaciones al Informe Provisional de Seguimiento del Master Universitario en Estudios Medievales Europeos. Imágenes, textos y contextos.

BUSCAR. MADURAR E AVALIAR IDEAS DE NEGOCIO

Direccion Xeral de Comercio. Consellería de Economía e Industria. Xunta de Galicia.

Cuestionario de Convivencia Preguntas frecuentes

CENTRO SOCIAL DE OLEIROS

CURSOS DE ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E COMUNICATIVA (CALC) PARA O PROFESORADO. CURSO

provincia de ourense n.º 121 Venres, 27 maio 2016 D e p u t a c i ó n Pr o v i n c i a l d e O u r e n s e

VI XORNADAS MARTÍN SARMIENTO

Acta da Comisión Permanente celebrada o 18 de novembro de 2011

Unidade didáctica. Doraemon e o Imperio Maia. Unha lección de cine. Festival de cinema en galego 2010

ENTIDA D DE D S SEN ÁNIMO O DE D LU L C U R C O R 15/12/2015, A Coruña

LÍPIDOS A P A L A B R A L Í P I D O P R O C E D E D O G R E G O L Y P O S, Q U E S I G N I F I C A G R A X A.

II XORNADA DE TRABALLO PARA AVALIADORES EXTERNOS

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEB03. Código. Proba de. Física. Páxina 1 de 11

CURSO CONVOCATORIA XERAL ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO

LA RESPUESTA DEL EDUCADOR EN LOS CENTROS DE MENORES

Tecnoloxía industrial

LA POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN COMPITE POR VEZ PRIMERA EN LOS 'VI JUEGOS EUROPEOS DE POLICÍAS Y BOMBEROS' QUE ARRANCAN MAÑANA EN HUELVA

Modelo de negocio: Como definir o meu produto/servizo? Módulo 4

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEC03. Código. Proba de. Bioloxía. Páxina 1 de 9

INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS DESENVOLVIDAS POLOS ESTUDANTES DE 2º DE MAXISTERIO COMO ENSINANZA POR INDAGACIÓN

PAU XUÑO 2014 TECNOLOXÍA INDUSTRIAL II

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio CMPS003. Código. Proba de. Ciencias sociais. Páxina 1 de 10

A proba consta de vinte cuestións tipo test. As cuestións tipo test teńen tres posibles respostas das que soamente unha é correcta.

PAU XUÑO 2013 DESEÑO

XEOGRAFÍA DE GALICIA 1. O RELEVO DE GALICIA

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEC02. Código. Proba de. Química. Páxina 1 de 12

REGULAMENTO PARA O USO DO LOCAL DE ENSAIOS NORMAS DE USO DO LOCAL DE ENSAIOS DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANEXO XI: Caracterνsticas especνficas dalgϊns programas de doutoramento ofertados no curso 2015/2016

AFIGAL avala la recuperación de la Costa da Morte Microcréditos a tipo de interés cero y amortizables en cinco años. 3 AFIGAL concedió Nº 31

Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello: Enderezo: CP: Concello:

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Comparativa da Formación en Prevención de Riscos Laborais a Nivel Europeo

PROCESO SELECTIVO CONVOCADO PARA A PROVISIÓN, POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN LIBRE, DE DÚAS PRAZAS DE OPERARIO INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2010

ORDENANZA REGULADORA DO DEBER DE CONSERVACIÓN, DA INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICACIÓNS E DA DECLARACIÓN DE RUINA DO CONCELLO DE OURENSE

ASISTENCIA PERSOAL Un Dereito recoñecido na Convención

(A Habana, )

Transcripción:

Datos básicos sobre a evolución do galego www.consellodacultura.org/observatorio

Datos básicos sobre a evolución do galego Os datos que se presentan a continuación pretenden ofrecer unha panorámica básica sobre a evolución da situación sociolingüística de Galicia a través da análise dalgúns parámetros elementais como son a lingua habitual, a lingua inicial ou materna e as competencias lingüísticas. Tamén se ofrecen datos sobre o uso do galego nalgúns ámbitos específicos: a escola, o ámbito familiar, social e laboral, así como os medios de comunicación e internet Para levar a cabo este traballo empregáronse as seguintes fontes de información:.- Mapa Sociolingüístico de Galicia de 1992 (MSG), elaborado pola Real Academia Galega (RAG).- Enquisa de condicións de vida das familias, 2003 (ECVF03), elaborada polo Instituto Galego de Estatística (IGE).- Enquisa de condicións de vida das familias, 2008 (ECVF08), elaborada polo Instituto Galego de Estatística (IGE) 1. Lingua habitual Na actualidade as persoas que falan galego son o 58,8% da poboación. Entre 1992 e 2008 os bilingües con predominio do galego e os galegofalantes monolingües descenderon en pouco menos dun 10%. Pondo en comparación os resultados das tres fontes, a porcentaxe de monolingües en castelán estabilizaríase en niveis próximos ao 19% desde 2003. Este límite contrasta co dato ofrecido en 1992 polo MSG, que era do 10,6%.

Gráfica 1. Lingua habitual (1992-2008) 50% 45% 40% 44,7% 35% 30% 25% 20% 15% 10% 5% 38,7% 31,6% 29,9% 18,8% 27,2% 20,8% 18,2% 21,7% 10,6% 18,3% 19,5% 1992 2003 2008 0% Só galego Máis galego que castelán Máis castelán que galego Só castelán Pola súa banda, a categoría máis castelán que galego aumentaría lixeiramente. A comparación para a categoría de persoas bilingües que usan máis galego que castelán, amosa unha aparente evolución en U, desempeñando un papel importante a ECVF03, que presenta porcentaxes sensiblemente inferiores ás demais fontes, pero a realidade é que dende 1992 ata a actualidade os bilingües constitúen máis ou menos a metade da poboación. En último lugar, o grupo dos monolingües en galego traza unha evolución descendente. A comparación real das fontes nos dous puntos máis afastados amosaría a evolución dos maiores de 15 1 ao longo do período. 1 O universo do MSG son os residentes en Galicia maiores de 15.

Gráfica 2. Evolución da lingua habitual dos maiores de 15 (1992-2008) 45% 40% 35% 30% 38,7% 35,8% 29,9% 27,2% 25% 20% 20,8% 19,2% 16,6% 15% 10% 10,6% 5% 0% Só galego Máis galego que castelán Máis castelán que galego Só castelán 1992 2008 Neste caso podemos ver que a caída de uso do galego é sensiblemente inferior, producíndose un aumento unicamente entre os monolingües en castelán a costa do resto de categorías. Unha análise da lingua habitual por intervalos de idade constata que existe un maior grao de castelanización canto menor é a idade do individuo, pero os datos amosan unha desaceleración no proceso de perda de falantes de galego. Gráfica 3. Lingua habitual por idades (2008) 70,0% 60,0% 50,0% 40,0% 30,0% 20,0% 10,0% De 75 ou máis De 70 a 74 De 65 a 69 De 60 a 64 De 55 a 59 De 50 a 54 De 45 a 49 De 40 a 44 De 35 a 39 De 30 a 34 De 25 a 29 De 20 a 24 De 15 a 19,0% Só galego Máis galego ca castelán Máis castelán ca galego Só castelán Fonte: IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2008

Esta análise por grupos quinquenais de idade amosa que aproximadamente entre os 25 e 35 se atopa a xeración máis castelanizada da nosa historia, e que entre os 30 e 40, a que en maior medida é monolingüe en castelán. Fronte a elas os menores de 25 virían a recuperar o uso do galego e a reducir o nivel de monolingüismo en castelán, ambos fenómenos pola vía do aumento dos colectivos bilingües nestas idades mozas. A evolución das estatísticas mostra que as diferenzas na lingua habitual por sexo se concentran en dúas categorías de resposta que non son nin contiguas nin simétricas. Houbo e hai significativamente máis homes que mulleres na categoría de persoas bilingües que usan máis o galego que o castelán, e máis mulleres que homes na categoría de persoas monolingües en castelán. Táboa 1. Lingua habitual por sexo Home Muller Só galego 1992 38,7% 38,7% 2003 45,9% 43,5% 2008 32,2% 31,0% Máis galego que castelán 1992 32,7% 27,5% 2003 21,0% 16,8% 2008 29,1% 25,5% Máis castelán que galego 1992 20,4% 21,1% 2003 17,4% 19,0% 2008 21,1% 22,3% Só castelán 1992 8,2% 12,7% 2003 15,7% 20,8% 2008 17,6% 21,2%

A evolución segundo o hábitat de residencia dos falantes amosa un avance desigual do proceso de substitución lingüística, que se concentraría de forma case exclusiva nos concellos pequenos, deténdose practicamente nas cidades no último lustro. Táboa 2. Lingua habitual por hábitat de residencia <=10.000 hab. 10-20.000 hab. 20-50.000 hab. >50.000 hab. Só galego 1992 59,0% 31,8% 11,8% 2003 71,7% 47,5% 39,4% 15,3% 2008 54,5% 28,8% 23,7% 11,2% Máis galego que castelán 1992 28,2% 33,6% 28,6% 2003 15,9% 19,1% 20,7% 19,4% 2008 28,8% 32,6% 28,4% 21,3% Máis castelán que galego 1992 9,6% 24,1% 38,2% 2003 7,0% 19,4% 21,3% 28,9% 2008 10,6% 19,7% 27,9% 33,2% Só castelán 1992 3,2% 10,6% 24,2% 2003 5,9% 14,1% 18,7% 36,5% 2008 6,0% 18,9% 20,0% 34,3% 2. Lingua inicial Os galegos e galegas que aprenderon a lingua autóctona ou as dúas linguas na familia son actualmente tres cuartas partes da poboación, practicamente os mesmos que había en 1992. Os datos indican unha evolución decrecente do galego e do castelán como lingua materna única, gañando peso os que aprenden as dúas linguas na casa cando son nenos.

Gráfica 4. Lingua inicial (1992-2008) 65% 55% 62,4% 59,6% 55,8% 45% 35% 25% 15% 5% 11,4% 25,6% 18,7% 20,4% 1992 2003 2008 20,8% 21,3% Galego As dúas Castelán O galego seguiría a ser, segundo todas as fontes, a lingua materna da maioría da poboación. En 2008, máis de 600.000 galegos aprenderon as dúas linguas na casa, o dobre que en 1992. Gráfica 5. Lingua inicial por idades (2008) De 75 ou máis De 70 a 74 De 65 a 69 De 60 a 64 De 55 a 59 De 50 a 54 De 45 a 49 De 40 a 44 De 35 a 39 De 30 a 34 De 25 a 29 Galego Castelán As dúas De 20 a 24 De 15 a 19 De 10 a 14 De 5 a 9 90,0% 80,0% 70,0% 60,0% 50,0% 40,0% 30,0% 20,0% 10,0%,0% Fonte: IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2008

A lingua inicial por idades amosa tamén unha contención na perda de falantes iniciais de galego e mesmo unha recuperación nalgúns treitos de idade. Na gráfica podemos apreciar que se produce un escenario de certa estabilidade dende 1975. Gráfica 6. Lingua inicial por idades (1992-2008) 90,0% 80,0% 70,0% 60,0% 50,0% 40,0% 30,0% 20,0% 10,0%,0% De 15 a 19 De 20 a 24 De 25 a 29 De 30 a 34 De 35 a 39 De 40 a 44 De 45 a 49 De 50 a 54 De 55 a 59 De 60 a 64 De 65 a 69 De 70 a 74 De 75 ou máis Galego 1992 Galego 2003 Galego 2008 As dúas 1992 As dúas 2003 As dúas 2008 Castelán 1992 Castelán 2003 Castelán 2008 Comparando as distintas fontes, o dato máis positivo sería o crecemento absoluto de falantes iniciais de galego no último treito de idade respecto de 1992. O resto de tendencias apuntan cara a unha certa contención, augurando unha certa estabilidade ou punto crítico, segundo a interpretación. Este fenómeno non acontecía en 1992, onde as tendencias eran claramente diverxentes xa que o galego como lingua inicial semellaba que ía desaparecer. Igual que o que acontecía coa lingua habitual, a análise da lingua inicial amosa un forte vínculo co territorio. Táboa 3. Lingua inicial por hábitat de residencia (1992-2008)

1992 2003 2008 Menos de 10.000 habitantes Galego 78,57% 77,46% 70,42% Castelán 12,05% 12,01% 10,24% As dúas 8,88% 10,54% 19,34% Entre 10.000 e 50.000 habitantes Galego 55,83% 54,16% 47,60% Castelán 30,01% 26,64% 27,27% As dúas 13,12% 19,20% 25,13% Máis de 50.000 habitantes Galego 35,20% 28,52% 28,87% Castelán 48,51% 51,59% 44,59% As dúas 15,72% 19,89% 26,55% Dende 1992 prodúcese unha caída do castelán como lingua inicial en todos os hábitats en termos moi similares ao galego. A excepción sería a pequena subida do galego entre 2003 e 2008 nas cidades. O avance da inclusión do galego nas familias concéntrase na adquisición deste a través de prácticas bilingües, comprendendo aumentos de entre o 70% (concellos pequenos) e do 120% (cidades) no período de referencia. 3. Competencias lingüísticas

Hoxe en día son poucas as persoas que non entenden ou non saben falar ou ler en galego. Se ben é certo que os datos amosan unha pequena baixada en todas as destrezas con respecto de 2003, entre 1992 e 2008 prodúcese unha subida espectacular. Gráfica 7. Competencia lingüística nas catro destrezas Escribir (moito) Ler (moito) Falar (moito) Entender (moito) Escribir (moito+bastante) Ler (moito+bastante) Falar (moito+bastante) Entender (moito+bastante) 0 20 40 60 80 100 120 2008 2003 1992 Un dos fenómenos que viría a explicar parcialmente estes resultados é o do aumento dos nacidos fóra de Galicia. No momento da realización da última enquisa, había máis de 65.000 persoas nacidas fóra de Galicia que non entendían o galego, o cal supón o 2,89% do total da poboación de residentes na comunidade autónoma. No tocante á capacidade para falar, se analizamos os datos por lugar de nacemento, pode apreciarse o peso do colectivo inmigrante na situación sociolingüística. Táboa 4. Capacidade para falar galego segundo o lugar de nacemento

1992 2003 2008 Nacidos en Galicia Pouco ou nada 11,6 7,69 6,2 Nacidos noutra comunidade autónoma Pouco ou nada 62,15 48,42 52,18 Nacidos noutro país Pouco ou nada 34,36 32,28 50,11 No conxunto da poboación, a porcentaxe de persoas que non saben falar galego está bastante estabilizada. As persoas que din non saber expresarse en galego son un escaso 3% da poboación. Gráfica 8. Porcentaxe de persoas que din falar ben ou moi ben en galego 90 89,5 89 88,5 88 87,5 87 86,5 86 85,5 85 84,5 1992 2003 2008 Na evolución por idades, obsérvase unha baixada constante nesta competencia lingüística ata os nacidos en torno aos 1965 1970, que supón o punto de inflexión. A partir de aí, a capacidade para falar aumenta constantemente ata que os suxeitos teñen 15, momento no que remata o ensino secundario obrigatorio. Na seguinte gráfica pode

apreciarse como o aumento da competencia parece relacionarse coa contención na caída de falantes de galego. Gráfica 9. Capacidade para falar galego por idades (2008) 3,5500 3,5000 3,4500 3,4000 3,3500 3,3000 De 15 a 19 De 20 a 24 De 25 a 29 De 30 a 34 De 35 a 39 De 40 a 44 De 45 a 49 De 50 a 54 De 55 a 59 De 60 a 64 De 65 a 69 De 70 a 74 De 75 ou máis 90,00% 85,00% 80,00% 75,00% 70,00% 65,00% 60,00% 55,00% 50,00% 45,00% 40,00% Capacidade para falar galego Porcentaxe de galegofalantes Fonte: IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2008. Se analizamos os ámbitos de adquisición da lingua das persoas que declaran ter unha boa capacidade para falar en galego, vemos o importante peso que ten a escola e outros ámbitos de adquisición externos á familia e a súa evolución positiva. Se poñemos en relación estes datos cos de lingua inicial e usos lingüísticos na familia, podemos concluír con bastante seguridade que a escola é un ámbito de adquisición do galego oral determinante. Táboa 5. Ámbitos de adquisición do galego 1992 2 2003 2008 Familia 86,82 86,83 83,5 Escola 29,7 33,96 5,9 Amigos 8,83 13,95 4,0 Veciños 9,58 13,7 3,1 Traballo 2,84 6,35 1,3 Cursos 1,17 0,9 De xeito autodidacta 0,64 0,54 Radio e televisión galegas 0,23 0,16 2 Os datos de 1992 non inclúen resposta múltiple.

Comparando os resultados globais de competencia oral co ítem dos suxeitos que declaran que aprenderon galego na escola (aínda que non sexa de xeito exclusivo), observamos de novo os dous mesmos puntos de inflexión que na gráfica 9 e a evolución paralela das dúas series. Gráfica 10. Relación entre a capacidade para falar galego e a utilización da escola como médio para aprender a falar galego (2008) 80% 70% 60% 50% 40% 30% 20% 10% 0% De 15 a 19 De 20 a 24 De 25 a 29 De 30 a 34 De 35 a 39 De 40 a 44 De 45 a 49 De 50 a 54 De 55 a 59 De 60 a 64 De 65 a 69 De 70 a 74 De 75 ou máis 3,6 3,5 3,5 3,4 3,4 3,3 3,3 Medio polo que aprendeu a falar galego: escola Capacidade para falar galego Fonte: IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2008 Este fenómeno ten un peso específico maior nos concellos de máis de 20.000 habitantes e nas cidades, onde un de cada catro persoas declaran aprender o galego na escola, fronte aos habitantes dos concellos máis pequenos, onde a familia e o contorno máis inmediato teñen un peso maior. Como é fácil de prever, a evolución temporal tamén acusa o fenómeno. Outro ámbito de adquisición que gaña peso é o laboral. De feito, a porcentaxe de persoas de 30 a 49 que declara ter adquirido a competencia oral no traballo pasou do 6% en 2003 a case o 11% en 2008. O perfil deste colectivo é interesante, dado que se trata principalmente de nacidos en Galicia que traballan en actividades de servizos e na empresa privada, pero hai unha proporción maior que no total da mostra de traballadores públicos cuxos ingresos son altos. As competencias lingüísticas en galego deste grupo son moi boas e, quizais sorprendentemente, existe unha pequena tendencia a que utilicen o galego como lingua habitual. Un dos datos máis salientables é a baixada neta da capacidade para ler en galego que, por outra banda, ten un patrón semellante e máis obvio que o da competencia oral. Como se poda apreciar, a competencia máxima acádana os rapaces que acaban de rematar o ensino obrigatorio.

Gráfica 11. Competencia lectora 3,8 3,6 3,4 3,2 3,0 2,8 2,6 2,4 2,2 2,0 De 5 a 9 De 10 a 14 De 15 a 19 De 20 a 24 De 25 a 29 De 30 a 34 De 35 a 39 De 40 a 44 De 45 a 49 De 50 a 54 De 55 a 59 De 60 a 64 De 65 a 69 De 70 a 74 De 75 ou máis 1992 2003 2008 Fonte: IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2008 Se indagamos nos motivos deste descenso, non podemos atribuírllo unicamente á incorporación de falantes nacidos fóra de Galicia, xa que se produce un descenso tamén entre os nacidos aquí. Táboa 6. Competencia lectora segundo o lugar de nacemento (2003-2008) 2003 2008 En Galicia Moito 59,06 48,07 Bastante 27,4 36,51 Pouco ou nada 13,54 15,42 Noutra comunidade autónoma Moito 49,7 38,52 Bastante 27,53 33,12 Pouco ou nada 22,77 28,37 Noutro país Moito 50,79 34,54 Bastante 32,44 33,58 Pouco ou nada 16,77 31,88 Fonte: IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias, 2003 e 2008 Este descenso na capacidade para ler significa que o 17% da poboación declare que entende pouco ou nada o galego escrito, 3 puntos máis que en 2003. Aínda así, a porcentaxe de persoas que din que non entenden nada o galego escrito é inferior ao 3%.

As mulleres declaran que teñen unhas competencias algo peores neste aspecto, malia que o descenso é case proporcional entre sexos. A idade é un parámetro que amosa diferenzas importantes en relación coa competencia lectora, xa que esta aumenta significativamente conforme baixa a idade do falante. Gráfica 12. Capacidade lectora por idades 3,7 3,5 3,3 3,1 2,9 2,7 De 75 ou máis De 70 a 74 De 65 a 69 De 60 a 64 De 55 a 59 De 50 a 54 De 45 a 49 De 40 a 44 De 35 a 39 De 30 a 34 De 25 a 29 De 20 a 24 De 15 a 19 2,5 Fonte: IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2008 Unha vez máis, habería que ver que incidencia pode ter o fenómeno migratorio. Os nacidos fóra da comunidade declaran que non len ou len con dificultade nun 63%, dato que permanece inamovible dende 2003. En cambio, se observamos ao colectivo dos nacidos noutro país, vemos unha caída de 13 puntos na capacidade de lectura no período de referencia (49,8-63,2). No tocante á capacidade para escribir, os datos entre 1992 e 2008 corroboran un aumento moi importante en todas as franxas de idade, principalmente entre os máis novos. De feito é a única variable entre as competencias lingüísticas que experimenta unha pequena mellora respecto a 2003.

Uso do galego na escola Máis do 60% das persoas que estudan en Galicia fano maioritariamente en galego (46,6%) ou sempre en galego (14,3 %), o que supón un incremento respecto ao ano 2003 de case 16 puntos porcentuais no primeiro caso, e de 6 puntos no segundo. En canto ao hábitat, canto máis grande é o concello, maior é o crecemento do uso do galego na escola. O número de estudantes que responderon aos exames sempre en galego ou maioritariamente en galego no ano 2008 incrementouse nun 20,3% respecto ao ano 2003. O 63,9% dos estudantes comprendidos entre os 5 e 16 escriben só en galego ou máis en galego que en castelán. Como podemos apreciar na gráfica 13 o aumento que se produce nos últimos 5 é moi importante. Gráfica 13. Estudantes de entre 5 e 16 segundo a lingua na que escriben na escola. 2003-2008 60,0% 50,0% 48,84% 40,0% 35,37% 30,0% 28,96% 29,08% 24,19% 20,0% 10,0% 15,06% 11,48% 7,02% 0,0% Só galego Máis galego ca castelán Máis castelán ca galego Só castelán 2003 2008 Fonte: IGE. Enquisa das condicións de vida das familias, 2003 e 2008

Ámbito familiar Máis da metade dos residentes en Galicia usan o galego para comunicarse cos seus pais. A provincia de Lugo lidera esta práctica cun 67,8%, seguido pola de Ourense con algo máis dun 62%. O galego é tamén o idioma protagonista das conversas entre irmáns. En cambio, o uso do galego entre netos e avós descende. As parellas galegas prefiren o galego para comunicarse entre elas, cunha media na comunidade autónoma dun 58% que falan sempre en galego ou máis galego ca castelán. A idade móstr un dos datos máis interesantes e salientables no uso do idioma galego neste tipo de relacións. Case a metade (49,7%) das parellas de mozos de entre 16 e 29, prefiren falar entre eles sempre en galego ou máis galego que castelán, o que supón situarse en niveis semellantes aos de 1992. Gráfica 14. Persoas de 16 a 29 segunda a lingua na que falan coa súa parella 60 50 40 30 20 10 0 1992 2003 2008 En galego sempre Máis castelán ca galego Máis galego ca castelán En castelán sempre

Ámbito social As persoas que falan galego (sempre ou case sempre) cos seus amigos segue a ser maioritaria, aínda que descende respecto ao ano 2003 (de 61,43% a 56,17%). Gráfica 15. Porcentaxe de persoas segundo a lingua que falan cos seus amigos por tamaño de municipio 80 70 60 50 40 30 20 10 0 Menos de 10.000 habitantes Entre 10.000 e 20.000 habitantes Entre 20.000 e 50.000 habitantes Máis de 50.000 habitantes En galego sempre Máis castelán ca galego Máis galego que castelán En castelán sempre Fonte: IGE. Enquisa das condicións de vida das familias, 2008 No sector económico dos servizos constátase que máis da metade dos que residen en Galicia usan o galego para comunicarse nos comercios. A utilización do idioma galego co persoal da administración diminuíu en Galicia entre 2003 e 2008 en 7,7 puntos porcentuais, aínda que o seguen empregando máis da metade da poboación (51,8%).

Ámbito laboral Aínda que, en xeral, o idioma galego segue a ser en 2008 o máis usado en Galicia entre compañeiros de traballo a media galega caeu respecto ao ano 1992 en 20 puntos porcentuais. A rama de actividade é unha variable de forte influencia no uso da lingua. Táboa 7. Porcentaxe de persoas segundo a lingua na que falan cos seus compañeiros de traballo, por rama de actividade (CNAE-2009). Ano 2008 Rama de actividade Agricultura Industria Construción Servizos En galego sempre 79,6 42,4 51,9 26,8 Máis galego ca castelán 8,1 18,2 18,1 15,3 Máis castelán ca galego 4,5 16,3 13,4 22,8 En castelán sempre 7,9 23,2 16,6 35,1 Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias 2008. No análise por sectores económicos vemos que o uso do galego é predominante no sector privado, cun 54,5%, de persoas que falan ou ben sempre en galego ou máis galego ca castelán, fronte ao 42,7% do sector público. Medios de comunicación e Internet O castelán segue a ser o idioma preferido nos medios de comunicación. O 66% dos residentes galegos prefiren ver a televisión neste idioma; o 68,6% fai o mesmo coa radio acadando, no caso da prensa, cotas porcentuais do 81,6%. O mesmo sucede co uso da rede. O 83,1% dos usuarios -sen diferenciación provincial, municipal, nin por idade, nivel de estudos ou sexo- usan o castelán. Con todo, a lingua na que falan habitualmente os internautas ten unha influencia importante nas súas preferencias.

Táboa 8. Persoas segundo a preferencia de idioma para navegar por internet. Datos por lingua na que falan habitualmente. Ano 2008 En galego sempre Máis galego ca castelán Máis castelán ca galego En castelán sempre En galego sempre 51,6 32,0 22,3 19,1 Máis galego ca castelán 38,3 47,1 30,0 17,4 Máis castelán ca galego 8,1 18,6 36,9 27,4 En castelán sempre 2,0 2,3 10,7 36,0 Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias 2008