Guía breve da materia de Latín de 1º curso de Bacharelato Semipresencial

Documentos relacionados
3. Contidos. 1. METODOLOXÍA

CURSO COLEXIO TIRSO DE MOLINA LINGUA GALEGA E LITERATURA 4º ESO (CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN)

4º. CURSO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA LATÍN CONTENIDOS MÍNIMOS CURSO

CRITERIOS DE AVALIACIÓN EN 1º DE BACHARELATO.

CONTENIDOS Y CRITERIOS DE CALIFICACIÓN LATÍN 1º BACHILLERATO CURSO 2015/16

HOJA INFORMATIVA LATÍN 4º ESO

CULTURA CLÁSICA 4º ESO:

PROGRAMA PARA A RECUPERACIÓN DA MATERIA PENDENTE DE CURSOS ANTERIORES

EXTRACTO DE LA PROGRAMACIÓN DE LATÍN 4º ESO

INFORME DE RECUPERACIÓN DE LATÍN DE 1º BACHILLERATO PENDIENTE

CRITERIOS DE EVALUACIÓN, INSTRUMENTOS Y CRITERIOS DE CALIFICACIÓN CULTURA CLÁSICA 3º ESO

Bloques Contenidos Criterios de evaluación Estándares Instrumentos Valor máx. estándar

DEPARTAMENTO DE LATÍN DEL IES PÍO DEL RÍO HORTEGA

CRITERIOS DE EVALUACIÓN Y CALIFICACIÓN.

Los criterios de evaluación y los estándares de aprendizaje de la asignatura Latín I para el curso 2015/2016 son los siguientes:

LATÍN I : OBJETIVOS, CONTENIDOS, CRITERIOS DE EVALUACIÓN UNIDAD DIDÁCTICA I

EXTRACTO PROGRAMACION LATÍN DE 4º ESO

Preguntas frecuentes acerca das validacións para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

CONTENIDOS Y CRITERIOS DE CALIFICACIÓN LATÍN 4º ESO CURSO 2015/2016

IES Santa Irene Programación Lingua Castelá (curso 2018/19)

I. E. S EDUARDO BLANCO AMOR DEPARTAMENTO DE LATÍN

1. Conocer los orígenes de las lenguas habladas en España, clasificarlas y localizarlas en un mapa.

LATÍN 4º ESO. Bloque 1: El latín, origen de las lenguas romances. CRITERIOS DE EVALUACIÓN Marco geográfico de la lengua.

I.E.S. Nueve Valles Programación Los contenidos de la materia Latín en 4º de ESO se articulan en cuatro bloques:

IES Salvador de Madariaga. Departamento de Latín. CURSO

CONTENIDOS MÍNIMOS EXIGIBLES

CONTENIDOS Y CRITERIOS DE CALIFICACIÓN DE LATÍN 2º BACHILLERATO CURSO 2015/2016

- Desarrollar la capacidad e inquietud investigadora y la cooperación en equipo mediante la realización de trabajos de investigación en grupo.

Resumo da Programación do Departamento de Latín e Grego curso (Para os cursos 4ºESO e 2º de Bacharelato) IES Mendiño.

LATÍN I DEPARTAMENTO DE LATÍN: Prueba extraordinaria, Septiembre de 2016

MATERIA: XEOGRAFÍA E HISTORIA CURSO: 1º ESO

LATÍN 1º BACHILLERATO

ORIENTACIONES PARA PREPARAR LA MATERIA

2. Contenidos por evaluación (libro de texto de la editorial Anaya):

PROGRAMA DE REFORZO PARA A RECUPERACIÓN DA MATERIA PENDENTE DE CURSOS ANTERIORES.

CONTIDOS MÍNIMOS DE 1º ESO LINGUA GALEGA E LITERATURA Setembro 2018

- Probas escritas ou orais %

Latín I 7. CRITERIOS DE EVALUACIÓN Y ESTANDARES DE APRENDIZAJE Localiza en un mapa el marco geográfico de la lengua latina y su

CRITERIOS DE AVALIACIÓN EN 1º ESO.

LATÍN (4º ESO) 1. CONTENIDOS Y ESTÁNDARES DE APRENDIZAJE EVALUABLES

Lingua, literatura e cultura galegas 1

2º exame, 3ª avaliación

CONTENIDOS, CRITERIOS DE EVALUACIÓN Bloque 1. El latín, origen de las lenguas romances

Introducción: Roma y el latín. Las lenguas románicas Palabras patrimoniales, cultismos y latinismos. La familia romana

LATÍN 4º 5. CRITERIOS DE EVALUACIÓN

Nivel de competencia e adaptación curricular. ÁREA DE L. CASTELÁ E LITERATURA 4º EP CRITERIOS DE AVALIACIÓN N.C.C C + C

Durante o curso , o Departamento de Grego do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo estará integrado únicamente por Dna Mª del Pilar Regueira

1º exame, 3ª avaliación

AREA/MATERIA: Latín I (LOMCE) (00,07,50,01,21,20,02,51,90,40,30) CURSO: 1º ETAPA: Bachillerato de Humanidades y Ciencias Sociales

CURSO Libro de Texto: NAVARRO, J.L. Y RODRÍGUEZ J.M., Latín I, Anaya, Madrid, 2008, ISBN

GRIEGO 1º BACHILLERATO CRITERIOS DE EVALUACIÓN

Hai accesos directos ás ensinanzas profesionais de artes plásticas de réxime especial?

DEPARTAMENTO DE LATÍN 4º ESO

OPERACIÓNS ADMINISTRATIVAS E DOCUMENTACIÓN SANITARIA

PONDERACIÓN DE LOS CRITERIOS DE EVALUACIÓN LATIN 4º

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA XEOGRAFÍA E HISTORIA CURSO 2º ESO CURSO ACADÉMICO 2016/2017 PROFESOR MANUEL VILAR ÁLVAREZ

Crit.LT.1.3. Establecer mediante CCL-CIEE Est.LT Deduce el significado de las palabras de las CCL-CIEE

PRESENTACIÓN MATERIA MATERIA XEOGRAFÍA E HISTORIA CURSO 1º ESO CURSO ACADÉMICO 2016/2017 PROFESOR XOSÉ MANUEL CASTRO

Cultura Clásica. ISSN Depósito legal C DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx.

DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA CRITERIOS DE AVALIACIÓN E MÍNIMOS ESIXIBLES. Curso IES Auga da Laxe.

CURSO Libro de Texto: NAVARRO, J.L. Y RODRÍGUEZ J.M., Latín I, Anaya, Madrid, 2015, ISBN

Decreto 7/1999 que regula o funcionamento dos Centros Públicos Integrados artigo 24.g Orde do 15 de xuño do 2009,artigo 9 punto 4

EVALUACIÓN LATÍN 4º ESO

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE GREGO

Curso IES As Telleiras

Claves para entender a Publicidade Código

LATÍN I. Contenidos Criterios de evaluación Estándares de aprendizaje evaluables

2º DE BACHILLERATO A DISTANCIA LATÍN II

Xeografía e Historia de Galicia

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

INICIACIÓN Á LINGUA PORTUGUESA

Aprender las consonantes y vocales del alfabeto latino. Conocer la pronunciación de las consonantes latinas.

11. MODELO DE NOTIFICACIÓN A ALUMNOS Y REPRESENTANTES LEGALES DE LOS OBJETIVOS, CONTENIDOS, CRITERIOS DE EVALUACIÓN Y DE PUNTUACIÓN DE LA ASIGNATURA.

LATÍN 4 CONTENIDOS. Bloque 1. El latín, origen de las lenguas romances

PROGRAMA DE RECUPERACIÓN INDIVIDUALIZADO DE APRNDIZAJES NO ADQUIRIDOS: LATÍN SEPTIEMBRE 2015 Materia o ámbito:

2017/18 1. IDENTIFICACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DISCIPLINA: Hª DOS INSTRUMENTOS (CLARINETE) DEPARTAMENTO: VENTO MADEIRA XEFE DE DPTO.

Lingua galega e literatura

CURSO LATÍN 1º BACHILLERATO A DISTANCIA ÍNDICE

Lingua, literatura e cultura galegas II

Departamento de Cultura Clásica

Actividades formativas desenvolvidas polo CAFI

CRITERIOS DE EVALUACIÓN

DEPARTAMENTO DE LATÍN. I.E.S. SANTA Mª DE GUÍA. 1º BACHILLERATO LATÍN I.

Para no repetir para cada unidad los indicadores de logro, que son transversales, los expongo a continuación por bloques:

CMUS Profesional de Viveiro

LATÍN (4º ESO) UNIDAD 1: Introducción a la lengua latina OBJETIVOS. 1. Situar la lengua latina histórica y genéticamente.

ANEXO III MODELO DE PROGRAMACIÓN DE PROBA LIBRE DE MÓDULOS PROFESIONAIS

EXTRACTO DE LA PROGRAMACIÓN DE LATÍN I

COLEGIO MIRALBA PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (PAU)

UNIDAD DIDÁCTICA. BLOQUES DE CONTENIDO 1 Lucius, puer 1,2,3,4,5 6. 1,2,3,4,5 10 romanorum 10 In thermis 1,2,3,4,5 14

Guía de propostas didácticas para docentes SECUNDARIA, BACHARELATO, FP DE GRADO MEDIO E ENSINAS ESPECIAIS

ALUMNOS DE 2º BACHILLERATO CON EL LATÍN PENDIENTE DE 1º. ORIENTACIONES Y APOYOS PARA DICHA RECUPERACIÓN.

1.1 CONTENIDOS MÍNIMOS.

CONTENIDOS MÍNIMOS LATÍN II

Bases do concurso. Toda a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web da SGAPEIO:

Contornos virtuais como soporte ao proceso docente (Campus de Vigo)

RESUMO DA PROGRAMACIÓN PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLES 1º ESO. CURSO 2015/16

obxectivos do curso OBXECTIVO XERAL OBXECTIVOS ESPECÍFICOS Curso de Lingua de Signos Española. Setembro 2016.

Transcripción:

EPAPU Eduardo Pondal. Curso 2017-18 Dpto. de Latín. Profesor Martín Bouza Álvarez Guía breve da materia de Latín de 1º curso de Bacharelato Semipresencial (Esta guía é orientativa. Aconséllase falar co profesor polos posibles cambios que poda ter na dinámica do curso ) 1. METODOLOXÍA A materia de Latín I forma parte das materias propias da modalidade do bacharelato de humanidades. O estudo da lingua latina constitúe a base fundamental para a comprensión das nosas linguas románicas (galego e castelán), así como das outras linguas de orixe romance. O coñecemento do latín como lingua raíz do galego axúdanos a coñecer mellor o seu léxico, a súa sintaxe, a súa ortografía. A materia de Latín I, como calquera outra do currículo do bacharelato semipresencial, conta cunha sesión semanal de asistencia obrigatoria, que recibe o nome de titoría lectiva, xa que é aquela na que se abordan as explicacións teóricas da unidade que corresponda en cada momento do curso. Estas sesións semanais compleméntanse cunhas titorías de orientación (2) de asistencia non obrigatoria, de periodicidade semanal, para que nela o alumnado poida resolver as dúbidas que lle puidesen xurdir no seu labor individual de estudo e preparación da materia e realización das actividades. 2. MATERIAIS E RECURSOS Apuntes proporcionados polo profesor. Materiais de apoio que se entreguen ou aconsellen o profesor nas titorías lectivas. Recursos bibliográficos. O centro dispón de biblioteca na que ademais da consulta e préstamos de libros, revistas, etc., a biblioteca dispón de conexión a internet que o alumnado pode utilizar como apoio didáctico. 3. TEMPORALIZACIÓN POR AVALIACIÓNS A distribución de contidos por avaliacións será a seguinte:

1ª avaliación: da Lección I á XXVI e o Apéndice I (evolución fonética) 2ª avaliación: da Lección I á XLVII e o Apéndice II (Cultismos e palabras patrimoniales) 3ª avaliación: da Lección I á LXIV e os Apéndices I e II estudados nas avaliacións precedentes. Concretamente: 1ª avaliación: - Alfabeto latino: pronunciación e acentuación. Diptongos. - Casos e declinaciones. Funcións. Observacións sobre as cinco declinaciones. - Enunciado dos sustantivos e dos verbos. - Os xéneros e os números en latín. - A orde de palabras. - A concordancia. A oración transitiva, intransitiva e copulativa. - 1ª, 2ª declinación e 3ª declinación, coas súas particularidades - Adjetivos de tema en ou/a. Sustantivación de adjetivos. Adverbios derivados destes adjetivos. - Presente, pretérito imperfecto, futuro imperfecto, pret. perfecto, pluscuamperfecto e futuro perfecto de indicativo activo das cinco conjugaciones e do verbo SUM. - As preposiciones. - A oración composta por coordinación. - Os persoais e os posesivos. - Historia de Roma. - Organización social e política de Roma. - Frases e expresións latinas (I) - Evolución fonética. EXAME: Análise sintáctico e tradución de frases sinxelas, con preguntas dos puntos gramaticales estudados nesta avaliación; tamén poder haber algunhas preguntas do tema de historia de Roma, organización social e política, e de frases e expresións latinas e de evolución fonética. 2ª avaliación: todo o visto na 1ª avaliación máis: - Adjetivos da 2ª clase. Adverbios derivados destes adjetivos. - 4ª e 5ª declinación coas súas particularidades. - Os complementos circunstanciales de lugar. - O predicativo. - Os tempos do modo subjuntivo, en activa, das cinco conjugaciones e do SUM.

- Adjetivos numerales. - Pronombres-adjetivos demostrativos, anafórico, de identidade e enfático. - Grados do adxectivo e do adverbio. - A formación da pasiva. A oración pasiva - O imperativo. - A oración composta por subordinación. - O relativo. A oración de relativo. - A romanización. - A arte romana. - Frases e expresións latinas (II). - Cultismos e palabras patrimoniales EXAME: Análise sintáctico e tradución de frases ou dun texto sinxelo, con preguntas dos puntos gramaticales estudados na 1ª e 2ª avaliación; tamén pode haber algunhas preguntas do tema da romanización e da arte romana, das frases e expresións latinas desta 2ª avaliación e de cultismos e palabras patrimoniales. 3ª avaliación: todo o visto na 1ª e 2ª avaliación máis: - Construcións especiais do verbo SUM. - Indefinidos. - Interrogativos. A oración interrogativa directa. - Compostos de SUM. - O participio. - O infinitivo. - Verbos deponentes e semideponentes. - Valores de UT, NE, CUM, UBI, QUOD. - Oracións completivas introducidas por conjunciones. - Verbos irregulares (volo e compostos, fero e compostos, eo e compostos, fio e edo). - Obras públicas e urbanismo. - A relixión romana. - Frases e expresións latinas (III). - Evolución fonética. - Cultismos e palabras patrimoniales. - Aprendizaxe das palabras latinas que aparecen marcadas co símbolo?, nos vocabularios das leccións I a LXIV. EXAME: Análise sintáctico e tradución dun texto sinxelo, con preguntas dos puntos gramaticales estudados na 1ª, 2ª e 3ª avaliación; tamén pode haber algunhas preguntas do tema da relixión romana e do das obras públicas e urbanismo, das frases e expresións latinas desta 3ª avaliación, e do da evolución fonética e do dos cultismos e palabras patrimoniales das

avaliacións precedentes. Recuperación: ao ser avaliación continua, unha avaliación non superada recupérase coa seguinte aprobada. Só a 3ª avaliación terá unha recuperación e será o exame final. 4. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. Realizarase un exame de avaliación por que incluirá cuestións de tradución e gramaticais. -A avaliación será continua, baseada fundamentalmente na observación das actividades do alumno e nas probas teóricas. Non se prevén segmentacións da materia por períodos de avaliación nin probas específicas de recuperación. O alumno que supere unha avaliación tamén terá superadas tódalas anteriores. -Polas condicións propias desta disciplina a cualificación da terceira avaliación constituirá a cualificación global do curso. -Por outra banda, aqueles alumnos que por algunha razón xustificada non se puideran presentar a algún exame poderán realizalo dentro dos prazos previstos. -Os alumnos que non superen a derradeira avaliación ou ben aqueles que perdan o dereito a avaliación continua debido ao número de faltas de asistencia sen xustificar terán a opción de presentarse a un exame final en xuño que incluirá todos os contidos vistos ao longo do curso. -Aqueles alumnos que non superasen a materia, realizarán no mes de setembro unha proba extraordinaria, na que se seguirán os criterios e cuestións plantexadas para a proba de xuño. 5.CONTIDOS MÍNIMOS Bloque 1. O latín, orixe das linguas romances B1.1. Coñecer e localizar en mapas o marco xeográfico da lingua latina.

B1.2. Identificar o indoeuropeo como a lingua nai da maioría das linguas faladas en Europa hoxe en día. B1.3. Agrupar as linguas indoeuropeas en familias lingüísticas e localizalas nun mapa. B1.4. Coñecer as orixes das linguas faladas en España, clasificalas e localizalas nun mapa, e delimitar o marco xeográfico das linguas romances faladas no mundo, recoñecendo as súas características. B1.5. Distinguir as principais etapas na evolución do latín e recoñecer e identificar palabras patrimoniais, cultismos e semicultismos. B1.6. Coñecer e aplicar as regras fundamentais da evolución fonética, e recoñecer os procesos de evolución semántica do latín ao galego e ao castelán partindo dos étimos latinos. Bloque 2. Sistema de lingua latina: elementos básicos B2.1. Recoñecer sistemas de escritura e distinguilos do alfabeto. B2.2. Distinguir as fases da evolución do alfabeto latino, desde a súa orixe ata o alfabeto da época clásica. B2.3. Coñecer a orixe do alfabeto nas linguas modernas. B2.4. Coñecer e aplicar con corrección as normas básicas da pronuncia en latín e distinguir os seus tipos. Bloque 3. Morfoloxía B3.1. Coñecer, identificar e distinguir os formantes das palabras. B3.2. Distinguir os tipos de palabras a partir do seu enunciado. B3.3. Comprender o concepto de declinación e conxugación. B3.4. Coñecer as declinacións, encadrar as palabras dentro da súa categoría e declinación, enuncialas e declinalas correctamente. B3.5. Coñecer as conxugacións, encadrar os verbos dentro da súa conxugación, enuncialos e conxugalos correctamente. B3.6. Analizar o funcionamento dos temas verbais latinos de presente e de perfecto, e recoñecer as formas dos tempos verbais formados a partir deles, tanto en voz activa como en voz pasiva.

B3.7. Diferenciar formas persoais e non persoais do verbo, e recoñecer as categorías gramaticais presentes en cada unha. B3.8. Traducir ao galego e ao castelán as formas verbais latinas, e comparar os sistemas verbais. Bloque 4. Sintaxe B4.1. Coñecer e analizar as funcións das palabras na oración. B4.2. Coñecer os nomes dos casos latinos, identificar as principais funcións que realizan na oración e saber traducir os casos á lingua materna adecuadamente. B4.3. Recoñecer as regras de concordancia na lingua latina e a súa correspondencia no galego e no castelán. B4.4. Recoñecer e clasificar os tipos de oración simple. B4.5. Distinguir as oracións simples das compostas e, dentro destas últimas, as coordinadas das subordinadas. B4.6. Coñecer as funcións das formas non persoais nas oracións: infinitivo e participio. B4.7. Identificar, distinguir e traducir correctamente as construcións de infinitivo e participio máis frecuentes. Bloque 5. Roma: historia, cultura, arte e civilización B5.1. Coñecer os feitos históricos das etapas da historia de Roma, encadralos no seu período correspondente e realizar eixes cronolóxicos. B5.2. Coñecer os feitos históricos principais da romanización de Hispania e da Gallaecia, e realizar eixes cronolóxicos. B5.3. Recoñecer as pegadas da romanización nos principais depósitos arqueolóxicos e museos. B5.4. Coñecer a organización política e social de Roma e recoñecer o seu mantemento actual. B5.5. Coñecer os principais deuses, semideuses e heroes da mitoloxía grecolatina. B5.6. Coñecer os deuses, os mitos, os heroes e as lendas latinas principais, e establecer semellanzas e diferenzas entre os mitos e os heroes antigos e os actuais.

B5.7. Coñecer e comparar coas actuais as características da relixiosidade e da relixión latinas, os cultos privados e os ritos funerarios. B5.8. Coñecer as características fundamentais da arte romana e describir algunhas das súas manifestacións máis importantes. B5.9. Identificar os trazos máis destacados das edificacións públicas e do urbanismo romano, e sinalar a súa presenza dentro do patrimonio histórico de España e Europa. B5.10. Describir a estrutura e o funcionamento do exército romano, e distinguir as etapas na súa evolución. Bloque 6. Textos B6.1. Coñecer e aplicar os coñecementos fonolóxicos, morfolóxicos, sintácticos e léxicos da lingua latina para a interpretación, a tradución e a retroversión de textos de dificultade progresiva. B6.2. Comparar as estruturas latinas coas das linguas propias. B6.3. Utilizar correctamente manuais e dicionarios, recoñecendo e analizando toda a información que proporcionan. B6.4. Realizar a través dunha lectura comprensiva a análise e o comentario do contido e da estrutura de textos latinos orixinais, adaptados ou traducidos. B6.5. Redactar en lingua latina pequenos textos de produción propia. B6.6. Realizar pequenos coloquios en latín con frases sinxelas e de dificultade progresiva. Bloque 7. Léxico B7.1. Coñecer, identificar e traducir o léxico latino transparente e as palabras de maior frecuencia. B7.2. Distinguir e coñecer o significado dos principais prefixos e sufixos que interveñen na composición e na derivación culta. B7.3. Establecer mediante mecanismos de inferencia as relacións existentes entre determinados étimos latinos e os derivados en linguas romances. B7.4. Identificar e explicar os elementos léxicos latinos que permanecen nas linguas dos/das estudantes.

B7.5. Coñecer o significado das principais locucións latinas de uso actual e saber empregalas nun contexto axeitado. Os contidos da unidade desenvólvense agrupados en torno a tres grandes eixos: - Lingua latina, onde se traballa a morfoloxía e sintaxe do latín. Primeiro se traballan de forma parcial explicando cuestións morfolóxicas e sintácticas en cadanseu apartado, e incorporando actividades de dificultade progresiva. Finalmente, ofrécense actividades que aglutinan todas as anteriores e que están enfocadas á tradución e composición de textos. - Evolución da lingua: por unha banda atopamos contidos que explican a evolución da lingua latina para dar lugar ás linguas romances, e, por outra, ofrécesenos un estudo acerca do nacemento e evolución da lingua castelá ata a actualidade, por tratarse o libro dun texto editado en castelán. - Marco cultural, no que se presentan os diversos aspectos máis salientables da cultura e civilización romanas, desde a fundación de Roma ata a caída e desintegración do imperio, analizando as súas formas e organización política e social, os seus costumes e vida cotiá, incidindo sobre todo naqueles aspectos que sobreviviron e chegaron a nós mesmos coas adaptación imprescindibles aos novos tempos. Mínimos esixibles para unha avaliación positiva: - As cinco declinacións. - Os adxectivos de tres, dúas e unha terminación. - Os pronomes (persoais, posesivos, demostrativos, interrogativos, indefinidos e relativo). - As catro conxugacións (os tempos de indicativo e subxuntivo das voces activa e pasiva). - Os infinitivos e participios. - O verbo SUM e os seus compostos. - Evolución do léxico latino. - Legado de Roma.

A Coruña 30 de setembro de 2017